Editorial Citania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Engadir información sobre as coleccións
Liña 15:
 
== Coleccións e publicacións ==
En Citania foron publicadas un total de 17 obras, oito en galego e once en castelán, as cales foron publicadas en catro coleccións a excepción de Poemas para mi retorno, de Víctor Luis Molinari e Figurando recuerdos, de Luis Seoane. A colección “Martín Sarmiento” foi focada a cuestións económicas e xurídicas da Galiza; “Idacio”, ensaio; na colección “Mestre Mateo”, publicáronse obras de narrativa e teatro; “O Dolmen de Dombate” estaba destinada á temática cultural do país; a colección “Herba de Namorar” recollía a lírica.
 
Nas catro coleccións pódense recoñecer características do proxecto do Centro Lucense, ideado no 1950 por Díaz Dorado e Seoane e rexeitado (Axeitos y Seoane 1994: 21-22). Deste modo reaparecen as coleccións “Idacio”, “Mestre Mateo”, e “Herba de namorar”. Tamén é de resalte a exclusividade do galego nas dúas últimas coleccións antes mencionadas, que en 1950 Seoane e Díaz Dorado consideraran para a editorial do Centro. Así mesmo, contemplábase a posibilidade de publicar reedicións, que será o caso de A fiestra valdeira de Rafael Dieste. Por último, o método de venta co que a Editorial pretendía ser levada adiante era a subscrición (“un mínimo de mil subscritores”, Seoane 1989: 427), de igual modo que no centro.
 
Algunhas publicación que cabe resaltar son, ademais da reedición de A fiestra valdeira, A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, unha das novelas máis importantes da literatura galega hoxe en día; Non Agardei por ninguén, de Ramón de Venezuela Otero, na que se relata a vida do guerrilleiro Gonzalo Ozores e que constitúe a primeira novela en galego sobre a Guerra Civil española; e Figurando recuerdos, de Luis Seoane, unha edición limitada que hoxe en día pode ser conseguida a través da Fundación Luis Seoane na Coruña e que recolle 24 ilustracións de Seoane para as portadas da revista Galicia Emigrante.
;Colección Martín Sarmiento