Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños​
m Arranxiños​
Liña 2:
{{1000}}
{{Historia de Grecia}}
Chámase '''Grecia antiga''' ao período da [[historia de Grecia]] que durou uns mil anos e rematou coa chegada do [[cristianismo]]. Considérase como o alicerce da [[civilización occidental]]. A [[cultura grega]] exerceu unha poderosa influencia sobre o [[Imperio Romano]]W, que levou consigo unha versión propia a moitas partes de [[Europa]].
 
A civilización dos antigos gregos tivo unha influencia enorme sobre a lingua, política, sistemas educativos, filosofía, ciencia e as artes, dando lugar ao [[Renacemento]] da Europa Occidental e rexurdiu de novo durante varios movementos "[[neoclasicismo|neoclásicos]]" durante os séculos [[século XVIII|VIII]] e [[século XIX|XIX]] en Europa e en [[América]].
Liña 10:
== Xeografía ==
{{Artigo principal|Xeografía da Grecia antiga}}
[[Ficheiro:Location greek ancient.png|miniatura|300px|Mapa da Grecia Clásicaclásica.]]
O territorio da antiga Grecia distribúese entre unha serie de penínsulas e unha gran diversidade de illas cun litoral recortado e o interior moi montañoso que dificultan as comunicacións.
 
O [[Epiro]]. a [[Iliria]] e a [[Reino de Macedonia|Macedonia]] son as rexións máis ao '''norte''', as menos [[helenización|helenizadas]], que os gregos do sur consideraban semibárbaras. Na fronteira de [[Tesalia]] e [[Pieria]] álzase o [[Monte Olimpo, Grecia|monte Olimpo]], con 2.918 m, máxima altura da Grecia e no seu cumio tiñan os deuses a súa morada. Entre Tesalia e o Epiro atópase o macizo do [[Pindo]], e marca a divisoria entre as bacías [[Mar Exeo|exea]] e xónica.
 
Fronte ás costas da '''Grecia Central''' atópanse as illas de [[Léucade]], [[Ítaca]], [[Cefalonia]], [[Zacinto]] e outras máis cativas. Aquí sitúase o [[monte Parnaso]], de case 2.500 m. A rexión da [[Ática]], onde se atopa [[Atenas]], é moi variada, xa que é ao mesmo tempo continental e marítima, montañosa e chá. Esa variedade traduciuse na Antigüidade nunha riqueza de recursos que pulou a expansión dos atenienses. Nas súas terras chás ([[Maratón, Grecia|Maratón]], [[Eleusis]], Valval de [[Cefiso]]) medraban o [[trigo]], a [[vide]] e o [[oliveira]] (a famosa triloxía mediterránea) e as súas montañas pechaban reservas minerais como no [[monte Pentélico]] con [[mármore]] o no [[Laurio]] con [[chumbo]] [[arxentífero]]. Os portos naturais achegaban o comercio exterior. En xeral, a fachada exea é fría no inverno pero cálida no verán.
 
A '''península do [[Peloponeso]]''', que presenta unha fragmentación moito máis acusada que o resto, está unida á [[Ática]] polo [[estreito de Corinto]], de só 6 km de anchura, entre as profundas escotaduras dos [[golfo de Corinto|golfos de Corinto]] e Sarónico; é moi montañosa, de terra pobre, con só unhas poucas franxas fértiles na súa periferia, nas rexións de [[Acaia, Grecia|Acaia]], [[Élida]], [[Mesenia]], [[Laconia]] e [[Argólida]].