Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 141:
{{Artigo principal|Guerras médicas}}
 
Son as guerras que libraron os gregos para defender a súa independencia do expansionismo do [[Imperioimperio Persapersa]]. O nome de ''medos'' é unha inexactitude histórica, xa que estes foron vencidos polos persas no 550 a. C. e daquela [[Ciro II]] fundou un imperio rexido pola súa dinastía, a [[Aqueménida]], con manifesta vontade universalista. Unificou Oriente, respectando as culturas dos diversos pobos que ía conquistando, baixo a súa autoridade e creou un vasto espazo económico que favoreceu as actividades mercantís e a xeración de riqueza. O Imperio estendíase dende [[Tripolitania]] e o Exeo deica o [[Río Indo|Indo]], e dende as beiras do [[Marmar Caspio]] e [[mar de Aral|Aral]] até o [[mar de Arabia]]. Os persas propuxéronse conquistar Europa. Instaláronse a outra banda do [[Bósforo]], dende [[Tracia]] ate [[Quersoneso]]. E alí foi onde se produciu o choque cos gregos.
 
Os gregos da costa de Asia Menor procuraron manter boas relacións co poderoso Ciro, pero no [[-546|546]] a. C. este xa destruíra o [[reino de Lidia]] e tomara prisioneiro o seu rei [[Creso]], famoso polas súas enormes riquezas. Pouco despois estalou a rebelión en Lidia e os gregos prestaron o seu apoio aos alzados. A resposta de Ciro foi subxugar os territorios asiáticos poboados por eolios e xonios, dende o Helesponto deica [[Halicarnaso]], implantando un duro réxime de ocupación. Esta situación acentuouse con [[Darío I]], que impuxo aos gregos pesados tributos, esixindo servizo de armas. Pouco a pouco íase dando a situación de enfrontamento directo.