Manuel Curros Enríquez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 40:
 
== Biografía ==
{{Véxase tamén|Cronobiografía de {{PAGENAME}}}}
[[Ficheiro:CurrosAsorey.jpg|miniatura|esquerda|160px|Curros como [[bardo]] no monumento da Coruña, de [[Francisco Asorey|Asorey]], inaugurado en 1934.]]
Curros Enríquez naceu en Celanova no [[1851]], na casa número 14 da rúa de San Roque. Era fillo do escribán Xosé María de Curros Vázquez (de [[Santiso]]) e de Petra Enríquez (de [[Concello de Vilanova dos Infantes|Vilanova dos Infantes]]). A pesar de que certos biógrafos indican que seu pai era un [[Carlismo|carlista]], que sometía o seu fillo a malleiras frecuentes, o certo é que as modernas investigacións{{Cómpre referencia}} determinaron que, ben polo contrario, Xosé María de Curros defendeu sempre as ideas liberais. No tocante ás relacións pai-fillo, se ben que semella que, efectivamente, foron difíciles, convén desterrar definitivamente aquela imaxe duns maltratos que non se axustan á realidade. Asistiu á escola de don Manuel Rebollo e cando estivo preparado tivo que axudarlle a seu pai como escribente. En [[1866]] marchou cara a [[Madrid]], á casa do seu irmán Ricardo, onde fixo o bacharelato e comezou a estudar [[Dereito]] aínda que non rematou.