The Afghan Whigs: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 25:
Nesa época, The Afghan Whigs era unha típica banda de estrada, tocando en todas parte e definindi o seu propio estilo, un hard rock barullento e distorsionado, directamente influenciado polo son dos anos 70 e toques da música soul. [[Greg Dulli]] trasladouse aos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], para estudar cine, mentres o resto da banda continuaba vivindo en [[Cincinnati]].
 
En [[1990]], a banda recibiu unha chamada da influente discográfica [[Sub Pop]], que lanzou máis tarde o álbum ''Up In It'' e aumentou a popularidade da banda no circuitocircuíto underground. Pero en [[1991]], durante unha pequena xira por [[Inglaterra]], Dulli colleu unha gripe e a serie de concertos impedían que mellorarse. Para empeorar a situación, a banda envolveuse nunha pelexa nun deses concertos e Dulli acabou sendo internado. Aparte dos golpes producidos pola pelexa soubose que tiña pneumonía. Despois dese feito Dulli estivo medio paranoico, pechouse no seu apartamento nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], onde escribíu historias, o guión dunha película, e as súas mellores cancións ata entón para un novo álbum.
 
''Congregation'', de [[1992]], tamén lanzado pola [[Sub Pop]], amosaba á banda cun son máis depresivo, pesado, amosando nas letras o gusto de [[Greg Dulli]] pola desesperación e a traxedia, ao mesmo tempo que continuaban evidenciandose as influencias do [[soul]]. Afghan Wigs estaba inserido no escenario [[grunge]] da época, pero a banda tiña unha identidade propia que ía alén da mestura Black Sabbath/Led Zeppelin e punk rock.
 
Despois de ''Congregation'', [[Greg Dulli]] volta para [[Cincinnati]] e Afghan Wigs finalmente pode ensaiar e compoñer como uma banda novamente, e o resultado diso foi ''Gentlemen'' o disco con mellor produción da banda. O disco foi o primeiro en ser lanzado por unha grande discográfica, xa que Afghan Wigs asinaran coa Elektra. O disco tivo unha excelente repercusión da crítica e os excelentes sinxelos "Debonair" e "Gentlemen" ata se fixeron un oco nas listas, pero a banda permaneceu restrinxida aos circuitoscircuítos alternativos.
 
Despois dunha extensa xira, a banda tomouse un descanso para só retornar en [[1996]] cun disco novo. Nese medio tempo, [[Greg Dulli]] aproveitou para participar como vocalista na Backbeat Band, formada especialmente para facer a banda sonora da película sobre [[The Beatles "Backbeat". Na Backbeat Band, tocaron ao lado de Dulli [[Dave Grohl]] de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]], [[Thurston Moore]] de [[Sonic Youth]], Dave Pirner de Soul Asylum e Mike Mills de [[R.E.M.]]