The Afghan Whigs: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 17:
 
== Traxectoria ==
A lenda di que The Afghan Whigs naceu nunha celdacela en Athens, Ohio. Nunha festa de Halloween en Cincinnati, Greg Dulli ten a idea de roubarlle a un policía e remata na comisaría. Na celdacela, el coñeceu a Rick McCollum. Da conversa que os dous manteñen xurdiu a idea de formar unha banda, The Afghan Whigs, que só se concretou un ano máis tarde, con Steve Earle na batería e John Curley no baixo (Dulli era o vocalista e guitarrista mentres McCollum tamén tocaba a guitarra).
 
Pisaron un escenario por primeira vez pouco tempo despois e tocaron versións de [[Neil Young]] ("Like a Hurricane") e dos [[Rolling Stones]] ("Cocksucker Blues"), e lanzaron un disco, cuxo título era unha referencia á noite da creación da banda, ''Big Top Halloween'' en [[1988]]. O nome do grupo tamén ten unha certa lenda, pois parece ser que ao chegar o seu primeiro concerto aínda non tiñan nome, e pouco antes de saír a escena, o dono do local preguntoulles como os anunciaba. O guitarrista, que acabara de chegar e ó parecer levaba encima un "tripi", dixo simplemente The Afghan Whigs, e os demais asintiron, sen saber que significado podía ter aquela palabrexa.