Abrir o menú principal

Cambios

m
Modesto, pouco amigo da celebridade e a adulación (como demostra o seu reiterado emprego de pseudónimos en publicacións non oficiais, que xa chamara a atención nas publicacións galeguistas da preditadura<ref name=ANON/>) e armado dun rexo espírito crítico que non o facía vítima da comenencia social e a falsa amizade, si cultivou a fraternidade dos amigos, tanto das xentes populares coas que medrara na [[Comarca da Ulloa|Ulloa]] e coas que nunca deixaría de manter o trato coma da marxinada e amordazada intelectualidade da posguerra, salientando entre os seus amigos [[Eduardo Seijas]], [[Ánxel Fole]], [[Luís Pimentel]] e [[Celestino Fernández de la Vega]], cos que compartía inquedanzas durante longos paseos e faladoiros baixo a ollada dos seus alumnos.
 
A paulatina decepción polo devir político afastouno progresivamente do interese pola política inmediata que o ocupara durante as primeiras décadas do [[século XX]]. Entre as súas anécdotas ao respecto, sempre tinxidas dun culto enxeño irónico, cabe citar a resposta dada ao Xefe de [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS|Falange Española]] en Lugo cando, en plena [[Guerra Civilcivil Españolaespañola|Guerraguerra Civilcivil]] e dado o seu dominio da [[lingua alemá]], este lle ofreceu ir ao [[Berlín]] nazi como agregado cultural: con xesto ponderado, aduciu que ''Tería que reler a Kant'' (facíao en alemán), mesturando as súas características modestia e ironía para evitar quedar forzado polas circunstancias a unha situación que en absoluto consideraba do seu agrado.
 
Casado con Dolores Ouro, con quen tivo catro fillos (Manuel, Ánxela, Andrés e Camila), pasou os derradeiros lustros da súa vida nun ambiente familiar onde non deixou de cultivar o estímulo intelectual. Xa nonaxenario, apesadumbrouno desprenderse da Torre de Pambre, perante o desinterese dos herdeiros, poucos meses antes do seu pasamento.
99.630

edicións