Propaganda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 13:
A propaganda pode ser usada en contextos moi diferentes. A propaganda relixiosa foi moi difundida ao longo da historia, como cando san Paulo exerceu o apostolado do [[cristianismo]] e estableceu as primeiras igrexas cristiás en Asia Menor, Grecia e Italia. Algúns libros, mesmo novelas, tamén foron utilizados como vehículo para a propaganda, como ''As viaxes de Gulliver'' ([[Jonathan Swift]], 1726), que atacou a vaidade e hipocrisía da política do seu tempo, ou ''A cabana do tío Tom'' ([[Harriet Beecher Stowe]], 1852), que ao describir a [[escravitude]] nos estados sureños dos Estados Unidos contribuíu ao desenvolvemento do [[abolicionismo|movemento abolicionista]].
 
A coñecida como [[propaganda branca]] busca crear unha opinión favorable sobre unha organización, grupo ou goberno específico, como a difundida polo goberno [[nazismo|nazi]] na década de 1930 para destacar a supremacía e a prosperidade do seu país. A [[propaganda negra]] intenta fomentar a intranquilidade e a superstición con respecto ás accións ou intencións doutra entidade, como a difundida durante a [[Guerraguerra fría]].
 
Os avances tecnolóxicos dos medios de comunicación, especialmente os electrónicos, están ampliando as canles de propaganda.