Universidade de Leiden: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Filipe II de España
m →‎Historia: arranxiños​
Liña 14:
 
== Historia ==
A cidade de Leiden xogou un papel importante na [[Guerra de Flandres|Guerraguerra dos oitenta anos]]. En [[1572]] a cidade elixiu estar de parte da rebelión antiespañola. O [[Gobernador]] dos Países Baixos, [[Luis de Requesens|Luís de Requesens]], cerca a cidade en [[1574]]. O [[asedio de Leiden]] durou desde o mes de [[maio]] até o [[3 de outubro]] de [[1574]], cando a cidade se liberou grazas á destrución dos [[Dique (construción)|diques]], posibilitando así o acceso de botes con provisións para os habitantes da cidade. Tras a resistencia oposta ao asedio, concédeselle á cidade a [[universidade]] en [[1575]]. Coa súa fundación o [[estatúder]] [[Guillerme I de Orange-Nassau|Guillerme I de Orange]] mostrou o seu agradecemento e recoñecemento aos poboadores de Leiden, que resistiran o asedio por parte dos españois en nome do rei [[Filipe II de España|Filipe II]]. A tradición conta que se lles ofreceu aos habitantes de Leiden a posibilidade de elixir entre a universidade e certa exención de impostos. A liberación de Leiden aínda se celebra ao grande, cada 3 de outubro. Desde entón a universidade, os estudantes e as casas de estudantes son un factor dominante na imaxe da cidade.
 
A Universidade de Leiden, a Universidade de Göttingen e a [[Universidade Humboldt de Berlín|Universidade de Berlín]], son recoñecidas como o berce da Liberdade Académica.