Alpujarras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios using AWB
m →‎Las Alpujarras e Galicia: Filipe II de España
Liña 5:
 
== Las Alpujarras e Galicia ==
Malia a distancia, a comarca de Las Alpujarras tivo unha importante relación histórica con [[Galicia]] na segunda metade do [[século XVI]], cando, despois do remate da [[Reconquista]] e da posterior expulsión dos mouriscos do desaparecido [[reino de Granada]], estes foron substituídos por colonos procedentes do norte peninsular, unha boa parte dos cales eran galegos, xurdindo o que poderiamos chamar a primeira gran emigración dirixida e documentada que fixeron os galegos. Foi auspiciada polo monarca [[FelipeFilipe II de España|Filipe II]], reinado no que tivo lugar a difícil repoboación, que levou a Las Alpujarras milleiros de galegos, na súa maior parte de condición social pobre, moitos dos cales morreron polo camiño, falecendo outros ao chegaren ao seu punto de destino, no Hospital Real de Granada. Malia as penurias e as dificultades que tiveron que sufrir, moitos emigrantes galegos quedaron para sempre na súa nova e esixente terra de acollida, como o proban, aínda hoxe, os abundantes e característicos apelidos galegos, que se rexistran nas vilas e nas aldeas de Las Alpujarras. Algúns destes son: Rivas, Santiago, Portela, Gallego, Gallegos, Bolaños (por Bolaño), Chamorro, Pereira, Carballo, Rega, Moraña, Loureiro, Samos, Puga, Acosta, Dapena, Figueroa, Gándara, Abelenda, Abuín, Antelo, Agrela, Bayo, Bayón, Casal, Casanova, Arnela, Aneiros, Taboada, Saavedra, Rosón, Cachafeiro, Devesa, Pichel, Rivadeneira, Rivadulla, Vilasuso, Vilardebós, Vilela etc., apelidos que tamén se documentan na cidade de [[Granada]], importante centro receptor, a posteriori, de emigrantes, o cal, ao estar preto de Las Alpujarras, recibiría, a través dos anos, moitos descendentes de repoboadores galegos, os cales, aguilloados pola necesidade, cambiarían o campo alpuxarreño pola urbe máis próxima na procura de traballo<ref>{{Versaleta|[[Fernando Cabeza Quiles|Cabeza Quiles, Fernando]]}}, ''Galegos en Las Alpujarras granadinas''. Noia. Edit. [[Toxosoutos]]. [[2003]]. ISBN 84-95622-81-5</ref>.
 
== Notas ==