Novela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Commonscat
Moedagalega (conversa | contribucións)
*estudi- > estud-.
Liña 19:
 
== A orixe ==
As orixes da novela áchanse na riquísima literatura oriental e tardohelenística (do séc.século II d. de C.), aínda que algúns estudiososestudosos consideran que é un desenvolvemento do xénero [[epopea|épico]]. A tradición de obras épicas -producidas normalmente en verso- na cultura occidental retrotráese a ''[[Ilíada]]'' e ''[[Odisea]]'' de [[Homero]] na literatura grega e á ''[[Eneida]]'' de [[Virxilio]] na romana. Os antecedentes máis antigos localízanse tamén no Oriente Próximo. A ''[[Epopea de Gilgamesh]]'' que refire lendas sumerias é do século VII a.C.
 
En todo caso, as características determinantes do xénero novelístico na literatura occidental aparecen con antelación á propia aparición da palabra e constitúen o resultado dunha combinación de varios xéneros e tradicións literarias. Ademais da épica, a ficción grega e latina en prosa amosa tanto unha vea crítica e satírica (o caso do ''[[Satiricón]]'' de [[Petronio]]) como unha vea heroica e amatoria (o caso de ''[[Dafnis e Cloe]]'' de [[Longo]]). A tradición medieval do [[conto]] de xénese oral, que terían o correlato escrito e literario na novela (curta) serían o terceiro esteo da tradición novelística moderna que comezaría propiamente a partir do realismo da [[novela picaresca]] de feitío popular e da fantasía das [[novela de cabalerías|novelas de cabalerías]], herdeiras dos [[romances]], épicas e narracións cabaleirescas medievais.