Coagulación do sangue: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Trombose: arranxiño
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 13:
 
=== Fervenza de coagulación ===
[[Ficheiro:Classical blood coagulation pathway-2.png|dereito|miniatura|400px|Vía clásica da coagulación do sangue.<ref name="isbn1-904842-39-9"/>]]
A fervenza de coagulación da hemostase secundaria consta de dúas vías que levan á formación de ''[[fibrina]]''. Estas son a ''vía de activación por contacto'' (tamén chamada vía intrínseca), e a ''vía do factor tisular'' (tamén chamada vía extrínseca). Pensábase inicialmente que a fervenza de coagulación consistía en dúas vías de igual importancia que confluían nunha vía común. Agora sábese que a vía principal para iniciación da coagulación do sangue é a vía do ''factor tisular''. Estas vías consisten nunha serie de reaccións nas cales un [[cimóxeno]] (precursor encimático inactivo) dunha [[serina protease]] e a súa [[glicoproteína]] cofactora son activados comverténdose en compoñentes activos, que á súa vez catalizan a seguinte reacción da fervenza, orixinándose finalmente a rede de fibrina entrelazada. Os factores de coagulación denomínanse xeralmente utilizando [[número romano|números romanos]], cun ''a'' minúsculo para indicar a forma activa.<ref name="isbn1-904842-39-9">{{Cita libro |author=Pallister CJ and Watson MS |title=Haematology |publisher=Scion Publishing |location= |year=2010 |pages=336–347 |isbn=1-904842-39-9}}</ref>