Peter Benenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Moedagalega (conversa | contribucións)
*estudi- > estud-.
Liña 10:
No ano [[1961]], con corenta anos, le un xornal no metro de Londres e chámalle poderosamente a atención un artigo; nel cóntase a traxedia de dous estudantes portugueses encarcerados por brindar pola liberdade. Sete anos de prisión foi a pena na Portugal do ditador [[António de Oliveira Salazar|Salazar]]. Benenson non aturaba a cólera que lle produciu aquilo. Saíu do metro e entrou na igrexa de [[Saint Martin in the Fields]]. Alí rezou a "todos os deuses de todos os mundos" e chegou a unha triste conclusión: "A loita dun só home non vale nada".
 
Os membros da sección portuguesa de Amnistía Internacional levaron a cabo unha minuciosa investigación sobre as persoas detidas e procurando nos arquivos do Ministerio do Interior descubriron que Ivone Lourenço e outro estudianteestudante amigo seu foron os únicos condenados a sete anos de prisión naquela época. Ivone Lourenço, lembra a chea de mensaxes de solidariedade que chegaron de todo o mundo; porén, nega ser unha das persoas detidas, e prefire dicir que "ese estudante é unha lenda sen nome". Seis meses despois escribiu a David Astor, redactor do xornal ''The Observer'' de Londres, e que publicara o artigo o 28 de maio de 1961 na primeira páxina, facendo un chamado á acción internacional. Expuña os casos de oito presos políticos encarcerados polas súas crenzas relixiosas ou ideas políticas. Entre eles figuraba o doutor [[Agostinho Neto]], poeta e médico angoleño que posteriormente chegaría a ser o primer presidente do país independente de [[Angola]]. Ao doutor Agostinho Neto, para reprimilo nas suás actividades políticas, as autoridades azoutárano diante da súa familia e encarcerárono reiteradamente.
 
Inspirado no vivido, Peter Benenson resolveu no que pronto foi coñecido como "a república da conciencia": un movemento cidadán que abarcaba todo o mundo e cuxo obxectivo era poñer ao descuberto e facer fronte ás inxustizas dos gobernos. O nome da organización foi ''Appeal for Amnesty'' ("Chamamento pola Amnistía") do que logo, un ano despois se convertería en Amnistía Internacional. Iniciada en Londres por un grupo de avogados, escritores e editores que compartían a convicción expresada por [[Voltaire]]: "Detesto as túas ideas, pero estou disposto a morrer polo teu dereito a expresalas".