Antologia poética. Cancioneiro rosaliano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
retiro afirmación de dubidosa veracidade
Liña 52:
* ''Folhas novas'' (1880): foi unha expresión máis íntima e persoal. Non presenta unidade temática, senón que está dividida en cinco libros- "Vaguedades", "Do íntimo!", "Varia", "Da terra" e "As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos". Estes títulos non sempre parecen corresponder aos poemas que conteñen, senón que parecen máis composicións individuais. Hai unha grande variedade de poemas: algúns parecen influenciados polos ''Cantares'', hai poemas de protesta social, e outros dun estilo intimista-metafísico (este pertence á máis alta Rosalía, a que deixou de comunicarse ca natureza e deixou de ser alegre e matutina, e pasou a ser sobria e dolorosa). O vocabulario é reducido en riqueza mais gaña en concentración. O poemario representa un retorno ao tema, e parcialmente á técnica, dos ''Cantares'', en termos máis dramáticos que descritivos, e con frecuentes insercións de intimismo confidencial. En "Vaguedades" todas as composicións son sobre a desolación interna, saídas do seu pensamento. Os temas son o desespero vital, o medo escuro do indefinido, a morte e a saudade. A atención do poeta é introspectiva. É un canto á traxicidade de existir. En "Do íntimo!" e "Varia" volta aparecer a paisaxe e o sentimento da natureza, mais non como elemento de alegría. Tamén reaparece a faceta social de Rosalía, mais non hai ningún elemento que ligue o contigo con Galiza ou calquera outro sitio.
 
* ''En las orillas del Sar'' (1884): escrita en castelán, lingua na que Rosalía non se sentía cómoda{{Cómpre referencia}} e non se permite ningunha liberdade. Trata os problemas nunha perspectiva máis xeral, distante, e cunha actitude obxectiva. Só hai un “eu” autorial como único personaxe, e poucas veces o poema tenta falar como “outro” ou conta “unha historia” de “outra”. A “persoa” omnipresente da autora aparece varias veces ao longo do libro como un camiñante que percorre as diversas paraxes do val do Sar. A saudade existencial é a materia da que están feitos os poemas deste libro. Aínda así, nun terreo interno e universal, Rosalía non deixa de ser galega, non se desapega da súa realidade labrega, nin da constante presenza da paisaxe local (presente xa no título). Todo isto fai que, inclusive no plano obxectivo, apareza neste libro Galiza como tema- o sentimento de xustiza social rosaliano, tan claro na súa obra galega, tamén presente no libro.
 
===Cancioneiro rosaliano===