Cultura moche: Diferenzas entre revisións

sen resumo de edición
(Creada como tradución da páxina "Cultura moche")
 
Sen resumo de edición
A '''cultura moche''' é unha cultura arqueolóxica do Antigo Perú que se desenvolveu entre os séculos [[Século II|II]] e [[Século VII|VII]] no val do [[río Moche]]<span></span> (actual provincia de Trujillo, no departamento da Libertad). Esta cultura estendeuse cara ós vales da costa norte do actual [[Perú]].
 
As sociedades moches fixeron grandes obras de enxeñaría hidráulica: canles de regadía e represas, o que lles permitiu ampliar a súa fronteira agrícola a gran escala.
 
Foron grandes arquitectos; a súa materia prima foi o [[Adobe|adobe.]] Construíron complexos relixiosos-administrativos de carácter monumental, conformados por palacios e templos ou huacas (en forma de pirámide trunca), as cales recubrían de grandes murais no alto e baixo relevo, pintados con cores extraídas da natureza, onde plasmaron os seus deuses, mitos, lendas e toda a súa cosmovisión cultural. As máis notables destas construcións son as chamadas [[Huacas del Sol y de la Luna|Huacas do Sol e da Lúa]], no val de Moche.
 
Foron os mellores metalurxistas da súa época; douraron o [[cobre]] moito antes que en Europa; e coñeceron unha variedade de técnicas (laminado, martelado, soldadura, etc.), fabricando ferramentas, armas, vestimentas, emblemas, ornamentos e toda a súa variada e rico aparato ritual.
 
Foron grandes navegantes: construíron [[Caballito de totora|caballitos de totora]], os máis pequenos para a pesca e os meirandes para as súas viaxes até as costas ecuatoriais, dende onde traían a cuncha [[Spondyllus]], sacra para os moches, e en xeral, para o resto das culturas costeñas do Antigo Perú.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Historia do Perú]]
394.743

edicións