Estados Pontificios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Alternativas a "sen embargo"
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 80:
 
[[Carlos Martel]], no 741, dividiu o territorio [[francos|franco]] en dúas partes, unha para [[Carlomán, fillo de Carlos Martel|Carlomán]] e outra para [[Pipino o Breve|Pipino]] (os seus dous fillos).
Carlomán abdicou no 747 para converterse en [[monxe]]. Catro anos despois, Pipino (coñecido como ''o Breve'' pola súa curta estatura), confinou nun [[mosteiro]] ao último descendente de [[Clodoveo I|Clodoveo]], o mozo [[Khilderico III]]; e foi proclamado pola nobreza rei dos [[francos]], e converteuse no fundador da [[Dinastíadinastía Carolinxia]].
 
Pipino non só foi rei por elección, senón que ademais recibiu a bendición da Igrexa. Obtivo do [[Zacarías, papa|papa Zacarías]] un mandato, segundo o cal, quen detentaba o poder, podía asumir o titulo de rei ''pola [[graza de Deus]]”'', unxido como [[David]] no [[Antigo Testamento]].
 
A partir de aí producíronse novas conexións entre o [[Papado]] e a monarquía carolinxia.
Liña 88:
A primeira foi:
 
Roma viuse ameazada polos [[longobardos]], cuxo exército cercou a cidade mentres o papa [[Estevo III, papa|Estevo III]] <ref>A numeración deste papa é controvertida: hai quen defende que houbo un papa Estevo II distinto deste e que, polo tanto, este sería Estevo III (criterio que se seguiu na Galipedia), outros defenden que ese papa non debe contar, co que este sería Estevo II, ver o artigo [[Estevo II, papa]].</ref> solicitaba inutilmente axuda ao [[Emperador bizantino|emperador de Bizancio]].
Denegado o auxilio bizantino, o papa pediu a Pipino unha intervención urxente.
O rei franco realizou dúas incursións en Italia, forzou aos longobardos a abandonaren o asedio de Roma e obrigounos a devolver as súas conquistas. Finalizado o conflito, os territorios situados na [[Romaña]] e as [[Marcas]] non foron restituídos ao control de [[Bizancio]], senón que foron conferidos ao papa - ''[[doazón de Pipino]]'', no ano [[756]] -, como lexitimo representante do poder imperial. Este tratado destrúe aos longobardos, e pola súa vez permitiu a constitución do Estado Pontificio independente de todo poder temporal e base do futuro poder da Igrexa.
 
Pero os Estados da Igrexa non se orixinan ata o pontificado de Estevo III, sobrecontra [[752]]. A titoría do [[Imperioimperio Bizantino]] sobre Roma e a súa sede pontificia estaba declinando desde principios do [[século VIII]]. O distanciamento respecto ao [[imperio de Oriente]] fíxose cada vez máis patente e profundo con visos de auténtica ruptura, como cando o papa [[Constantino, papa|Constantino]], enfrontándose ao emperador [[Filípico|Filípico Bardanes]], ao que acusou de [[herexe]], chegou a dirixir as súas armas contra o [[Títulos e cargos do Imperio Bizantino|exarca]] bizantino. Naquel clima de tensión, sendo de temer a ofensiva do [[longobardo]] [[Aistolfo]] contra Roma tras terse apoderado este de [[Rávena]], o papa Estevo acode, en demanda de socorro, aos [[francos]]. O seu rei, [[Pipino o Breve]], préstallo mediante o [[Tratado de Quierzy]]. A intervención dos francos calmou a Astolfo, quen aceptou traspasar Rávena á «''República Romana»''. Pero retirados aqueles, o rei longobardo incumpriu o seu compromiso e, por riba, puxo sitio a Roma. Nova chamada do papa ao recente protector franco e nova acción deste no seu auxilio. Sometidos, por fin, os longobardos coa intervención de Pipino, este fixo entrega ao papa do antigo [[exarcado de Rávena]] ([[Rávena]], [[Ferrara]], [[Boloña]], ...), da [[Pentápole]] (bispados de [[Rímini]], [[Pesaro]], Fano, Senigallia e [[Ancona]]) e da rexión de Roma, conferindo ao sumo pontífice o dominio temporal dun estado que, con algunhas variacións xeográficas, había de perdurar durante máis de once séculos, ata [[1870]]. Non obstantePorén, nun intento de extraer maior proveito político, Estevo III exhibiu un apócrifo documento convenientemente falsificado pola propia [[Curia]] romana, e supostamente achado tres anos antes, que deu logo en chamarse ''«[[Doazón de Constantino]]»''. Segundo este simulado protocolo (de cuxa falsidade hoxe non existe ningunha dúbida, pois xa quedou demostrada no [[século XV]]), [[Constantino I o Grande]] cedería ao papa [[Silvestre I, papa|Silvestre I]], para si e os seus sucesores, non xa o palacio de [[San Xoán de Latrán|Latrán]], o que en efecto fixo, senón a posesión de toda [[Italia]] e a dignidade imperial. Pipino non caeu na trampa da ambición papal.
 
Porén, o perigo longobardo non quedara definitivamente conxurado polas accións militares de Pipino o Breve. O rei [[Desiderio]] invadiu os Estados Pontificios e aínda a mesma Roma. [[Hadrián I, papa|Hadrián I]], papa á sazón ([[774]]), invocou de novo neste transo aos francos para que lle dispensasen a súa protección, e, como anos atrás fixera o seu pai, acudiu agora [[Carlomagno]] en axuda da [[Santa Sé]]. O resultado foi a restitución dos bens da Igrexa e a promesa, non cumprida, de anexión doutros territorios. En todo caso, a maior parte da Italia central quedou constituída nun estado independente baixo o goberno dos papas. En agradecemento, o papa coroou a Carlomagno como [[Imperio Carolinxio|emperador de Occidente]] no ano [[800]].
 
== O período medieval ==