Diferenzas entre revisións de «Rexionalismo galego»

sen resumo de edición
*'''A corrente liberal''': é a que pasou con mellor consideración á posterioridade. Liderada por [[Manuel Murguía]], esta tendencia era de carácter progresista. Eran contrarios á centralización político-económica e cultural, e defendían a existencia dun poder lexislativo propio para Galiza. Desta corrente naceu igualmente a visión do país como "nación viva", achegándose ao modelo de nación defendido pola intelectualidade [[Alemaña|alemá]] e separándose da visión da nación [[Francia|francesa]], baseada no pacto entre individuos.
*'''A corrente tradicionalista''': era a segunda con maior número de simpatizantes, e estaba enfrontada á corrente liberal. Estaba liderada por [[Alfredo Brañas]]. Tratábase dunha corrente de carácter puramente conservador. Aínda que era contraria ao centralismo e ao capitalismo, tamén estaba en contra do liberalismo, de xeito que o seu obxectivo era o reestabelecemento da antiga orde política e social.
*'''[[Rexionalismo federal|A corrente federalista]]''': estaba liderada por [[Aureliano Pereira]], e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao [[Partido Republicano Federal]]. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no "Proyecto de Constitución para el futuro Estado Gallego".
 
Calquera das tres correntes eran partidarias da autonomía política de Galiza, a cal debía recuperar e preservar as súas particularidades identitarias culturais e lingüísticas.
14

edicións