Historia do mundo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎O uso dos metais: aleacións > aliaxes
Liña 153:
O uso dos [[Metal|metais]], o [[bronce]] e o [[ferro]], suplantaron o [[sílex]] e outros materiais pétros que ata ese momento eran a materia básica para a elaboración de ferramentes agrícolas, armas e materiais de construción; isto fixo posible o poder dispoñer de obxectos máis duradeiros e eficientes.
 
Despois do [[cobre]], descubríronse novas aleaciónsaliaxes do cobre co [[estaño]] ou o [[chumbo]], que xuntos deron lugar a un novo produto, o [[bronce]]; este novo material é menos maleable, pero máis duro. Un gran salto tecnolóxico deuse co uso da [[forxa]], estes fornos de alta temperatura fixeron posible a [[Ferreiro|manipulación do ferro]] para producir ferramentes aínda máis resistentes. Esta secuencia tecnolóxica configurou a denominación das diferentes etapas da idade dos metais: a [[Idade do Cobre]], a [[Idade de Bronce]] e a [[Idade de Ferro]].
 
Todos estes materiais xa eran coñecidos polo [[Home de Cromañón|home preneolítico]], pero este non dominaba as [[Fundición (metalurxia)|técnicas para a súa elaboración]] e manipulación, técnicas que requirían de [[Fundición (metalurxia)|temperaturas moi altas]]. Os [[Ferramenta|utensilios]], [[Arma|armas]] e adornos de cobre ou bronce eran o material básico no [[-3000|3000 a. C.]] Posteriormente, no [[Mediterráneo oriental]], no [[Oriente Medio|Oriente Próximo]] e na [[República Popular da China|China]] implantouse, de maneira xeneralizada, o uso do [[ferro]].<ref>{{cita libro|apelidos=Ángeles González|nome=María|título=Historia universal desde comienzos del hombre|edición=1ra. edición|ano=1994|isbn=970-18-8903-7|páxinas=35|capítulo=3}}</ref>