Fantastic Beasts and Where to Find Them: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Cambio a orde de dúas seccións
Toliño (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
Este libro inclúe un prólogo escrito (supostamente) por [[Albus Dumbledore]]. Para narrar este libro, [[J. K. Rowling|Rowling]] usa o pseudónimo de Newt Scamander, que é o que conta toda a información que vén no libro sobre as bestas fantásticas. O libro conta con pouco argumento, pero contén moita información para os lectores (posúe cousas normais que aparecerían en calquera libro que teña un alumno de [[Hogwarts]]). O volume fala de distintas bestas e animais que poderían ser estudados na clase impartida por [[Rubeus Hagrid]], Coidado de Criaturas Máxicas.
 
== O libro ficticio ==
 
Este libro pretende ser a copia do texto dun libro que é propiedade de [[Harry James Potter|Harry Potter]] e que está escrito por Newt Scamander, un famoso zoólogo máxico. Nas novelas de ''[[Harry Potter]]'' a zooloxía máxica é o estudo das criaturas máxicas.
 
[[Albus Dumbledore]] escribe o prólogo do libro e explica ao lector o propósito da edición especial do libro, a fundación benéfica de ''Comic Relief''. Ao final, cóntanos aos ''muggles'' (a xente non ten poderes máxicos) que: ''«... as divertidas criaturas descritas deseguido son de ficción e non nos poden facer dano algún»''. Para a comunidade máxica di: ''«Draco dormiens nunquam titillandus»'', que é o lema de [[Hogwarts]] e que en [[latín]] é algo así como: ''Nunca lle fagas cóxegas a un dragón que dorme''. É un lema moi apropiado para un libro sobre bestas fantásticas.
 
Este libro contén a historia da zooloxía máxica e describe 75 especies máxicas que se poden atopar no mundo. A meirande parte da información do libro foi recolectada por Scamander durante observacións feitas tras moitos anos de viaxes polos cinco continentes. O autor ficticio toma nota de que a primeira edición foi encargada en [[1918]] polo Sr. Augustus Worme. Sen embargo non foi publicado ata [[1927]]. Agora está na súa 52ª edición.
 
''Bestas fantásticas e onde dar con elas'' é un libro de texto requirido para os alumnos de primeiro ano en [[Hogwarts]], sendo un libro de texto aprobado dende a súa primeira publicación. Non está claro por que o precisan os alumnos de primeiro ano, así como por que os estudantes non cursan a materia de ''Coidado de Criaturas Máxicas'' ata o seu terceiro ano. Sen embargo pode ser como unha enciclopedia para as criaturas escuras estudadas en ''Defensa contra as Artes Escuras''. Na introducción do libro, [[Albus Dumbledore]] comenta que serve como unha excelente referencia para os magos ademais do seu uso en [[Hogwarts]].
 
== Newt Scamander ==
Liña 7 ⟶ 17:
'''Newton "Newt" Artemis Fido Scamander''' naceu no ano [[1897]] e é o autor ficticio de ''Bestas fantásticas e onde dar con elas''. Segundo a sección do libro ''"Sobre o autor"'', Scamander convértese nun zoólogo máxico polo seu grande interese nas bestas fantásticas e polos ánimos que lle deu súa nai, unha entusiasta criadora de ''hipogrifos''.
 
Despois de graduarse en [[Hogwarts]], Scamander entrou a traballar no [[Ministerio de Maxia]], no ''Departamento para a Regulación e Control de Criaturas Máxicas''. A súa carreira incluíu unha breve restricción da oficina de ''"House-ElfOficina de elfos Relocationdomésticos"'', a creación do ''"Rexistro de homes lobo"'' en [[1947]], e moitas cousas máis. A súas contribucións para a zooloxía máxica convertérono nun membro da Orde de Merlín de segunda clase en [[1979]].
 
Agora está retirado e vive en [[Dorset]] coa súa esposa Porpentina e as súas mascotas, tres Kneazles: Hoppy, Milly e Mauler.