Anel Único: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 6:
== Descrición ==
O Anel Único foi creado polo Señor Escuro [[Sauron]] durante a [[Segunda Idade]] para facerse co dominio dos [[pobos da Terra Media|pobos libres da Terra Media]]. Baixo o disfrace de ''Annatar'', ou "Señor dos Dons", axudou os ferreiros élficos de [[Eregion]] e o seu líder [[Celebrimbor]] a crear os [[Aneis de Poder]]. Despois el mesmo forxou o Anel Único nos lumes do [[Orodruin|Monte do Destino]]. A súa intención era que fose o máis poderoso de todos os Aneis, capaz de gobernar e controlar os outros (sempre que os seus donos os levasen postos). Dado que os outros Aneis eran inmensamente poderosos, Sauron viuse na obriga de insuflar nel a maior parte do seu [[poder]], forza vital e [[vontade]] innatos para atinxir o seu propósito. Como efecto secundario disto, mentres o Anel existise sería imposíbel expulsar ao seu creador do plano dos mortais. O risco para Sauron era que se perdese o Anel, tamén el perdería unaunha considerábel cantidade do seu poder, e se for destruído, quizais mesmo a súa vida.
 
O Anel semellaba estar feito de simple ouro, mais debido ao inmenso poder contido nel, era inmune a calquera dano. O único xeito de destruílo era arrebolándoo ao foxo do [[volcán]] [[Orodruin]], onde fora forxado en orixe. Ao igual que os aneis menores forxados polos [[Elfo]]s a xeito de "ensaios para o perfeccionamento da arte" (e á diferenza dos demais Aneis de Poder), non levaba ningunha [[Xema (mineraloxía)|xema]] incrustada, mais podía ser identificado cunha simple (aínda que pouco coñecida) proba: ao se quentar, amosaba unha ardente inscrición [[Tengwar]] na [[Lingua Negra]] de [[Mordor]]. As liñas acabaron incluídas nunha rima popular que describía os Aneis, mais resultaba evidente que eran parte do feitizo usado para infundir o poder no Anel Único, posto que os elfos ouviron a Sauron pronunciar esas mesmas palabras durante a creación do Anel; este foi o motivo polo cal quitaron os seus propios aneis e frustraron o seu plan.