Anel Único: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 12:
Cando unha persoa puña o Anel, era parcialmente transportada desde a esfera física á esfera espiritual. Alí, se era quen de someter de maneira consciente a vontade do Anel coa súa propia, podería controlar os poderes que tiña Sauron antes de perder o artefacto, especialmente o de gobernar e escravizar as vontades alleas. Un dos efectos secundarios do Anel (e normalmente o primeiro en ser percibido) era o feito de facer que aquel que o levaba posto resultase invisíbel para os seres físicos, como os [[Home]]s viventes, mais moi visíbel para os seres espirituais, como os [[Nazgûl]]; alén diso, anubraba a súa vista e agudizaba o seu ouvido. Este "mundo espiritual" era onde os Nazgûl estaban condenados a vivir permanentemente, mais tamén era o mundo no que os [[Calaquendi]] (Elfos da Luz) posuían un grande poder: é por isto que [[Glorfindel]] foi capaz de escorrentar o [[Rei Bruxo de Angmar|Rei Bruxo]] na [[Batalla de Fornost]] e de novo máis adiante no [[vao (pasaxe)|vao]] de [[Bruinen]] en [[Valfendido]].
 
Outro aspecto da natureza do Anel era que corrompía ao seu portador de maneira lenta mais inexorábel, independentemente das súas intencións ao respecto. Descoñécese se este efecto foi introducido especificamente como parte da maxia do Anel ou se se debe sinxelamente á súa maligna orixe (cabería esperar que Sauron dotase o seu Anel Único dunha propiedade así, aínda que por outra banda probabelmente pensaba ser o único en usalo). Por este motivo os Sabios, incluidosincluídos [[Gandalf]], [[Elrond]] e máis [[Galadriel]], rexeitaron usalo na súa propia defensa, e resolveron que cumpría destruílo.
 
O enigmático [[Tom Bombadil]] non se vía afectado polo Anel. Isto podería explicarse de diversas maneiras. (Véxase o artigo acerca de Tom Bombadil, que inclúe varias teorías.)