Abrir o menú principal

Cambios

m
{{AP|Ciclo Otto}}
[[Ficheiro:2-Stroke_Engine_ani.gif|miniatura|160px|esquerda|Motor Otto de 2T refrixerado por aire dunha moto: azul aire, verde mestura aire/combustible, gris gases queimados.]]
O motor convencional do tipo Otto é un motor de tipo [[Motor alternativo|alternativo]] de [[CicloMotor dea catro tempos|catro tempos]] (4T), aínda que en fóra borda e vehículos de dúas rodas ata unha certa cilindrada utilizouse moito o [[motor de dous tempos]] (2T). O rendemento térmico dos motores Otto modernos vese limitado por varios factores, entre outros a perda de enerxía pola [[fricción]], a refrixeración e falta de constancia nas condicións de funcionamento.
 
A termodinámica dinos que o rendemento dun motor alternativo depende en primeira aproximación do [[Relación de compresión (motores)|grao de compresión]]. Esta relación adoita ser de 8 a 1 ou 10 a 1 na maioría dos motores Otto modernos. Pódense utilizar proporcións maiores, como de 12 a 1, aumentando así a eficiencia do motor, pero este deseño require a utilización de combustibles de alto [[Octanaje|índice de octano]] para evitar o fenómeno da [[detonación (motor alternativo)|detonación]], que pode producir graves danos no motor. A eficiencia ou rendemento medio dun bo motor Otto é dun 20 a un 25 %: só a cuarta parte da enerxía calorífica transfórmase en enerxía mecánica.
101.298

edicións