Abrir o menú principal

Cambios

 
Outros sistemas de aceso de motores son os iniciadores de inercia, que aceleran o volante manualmente ou cun motor eléctrico ata que ten a velocidade suficiente como para mover o cegoñal. Certos motores grandes utilizan iniciadores explosivos que, mediante a explosión dun cartucho moven unha turbina axustada ao motor e proporcionan o osíxeno necesario para alimentar as cámaras de combustión nos primeiros movementos. Os iniciadores de inercia e os explosivos utilízanse sobre todo para arrincar motores de avións.
== Tipos de motores ==
[[Ficheiro:4-Stroke-Engine.gif|miniatura|Motor Otto [[DOHC]] de 4 tempos.<br> '''Funcionamento'''
 
'''1.''' Tempo de admisión - O aire e o combustible mesturados entran pola válvula de admisión.
 
'''2.''' Tempo de compresión - A mestura aire/combustible é comprimida e acesa mediante a bujía.
 
'''3.''' Tempo de combustión - O combustible se inflama e o pistón é empuxado cara abaixo.
 
'''4.''' Tempo de escape - Os gases de escape condúcense cara a fóra a través da válvula de escape. ]]
=== Motor convencional do tipo Otto ===
{{AP|Ciclo Otto}}
[[Ficheiro:2-Stroke_Engine_ani.gif|miniatura|160px|esquerda|Motor Otto de 2T refrixerado por aire dunha moto: azul aire, verde mezcla aire/combustible, gris gases queimados.]]
O motor convencional do tipo Otto é un motor de tipo [[Motor alternativo|alternativo]] de [[Ciclo de catro tempos|catro tempos]] (4T), aínda que en fóra borda e vehículos de dúas rodas ata unha certa cilindrada utilizouse moito o [[motor de dous tempos]] (2T). O rendemento térmico dos motores Otto modernos vese limitado por varios factores, entre outros a perda de enerxía pola [[fricción]], a refrixeración e falta de constancia nas condicións de funcionamento.
 
A termodinámica dinos que o rendemento dun motor alternativo depende en primeira aproximación do [[Relación de compresión (motores)|grao de compresión]]. Esta relación adoita ser de 8 a 1 ou 10 a 1 na maioría dos motores Otto modernos. Pódense utilizar proporcións maiores, como de 12 a 1, aumentando así a eficiencia do motor, pero este deseño require a utilización de combustibles de alto [[Octanaje|índice de octano]] para evitar o fenómeno da [[detonación (motor alternativo)|detonación]], que pode producir graves danos no motor. A eficiencia ou rendemento medio dun bo motor Otto é dun 20 a un 25 %: só a cuarta parte da enerxía calorífica transfórmase en enerxía mecánica.
 
Case todos os motores deste tipo fabrícanse para o transporte e deben traballar fornecendo diferentes potencias en cada momento.
Debido a isto o rendemento dos mesmos cae bruscamente ao traballar con carga parcial, xa que, cando isto sucede, a cámara de compresión mantén o seu volume, dando unha compresión final baixa e transformando gran parte da enerxía en calor.
 
Tamén existe unha variación do ciclo Otto que mellora a eficiencia do motor ao aumentar o tempo de expansión con respecto ao tempo de compresión coñecido como [[Ciclo Miller]].
 
==Notas==
{{Listaref}}
101.411

edicións