Historia do mundo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎Mesolítico: Sobraba un a
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎Mesolítico: Engado máis información
Liña 135:
 
En moitas zonas, o Mesolítico caracterizouse pola existencia de ferramentes de [[sílex]], para obxectos destinados á pesca, aixes de pedra e artefactos de madeira, como por exemplo [[Canoa|canoas]] e [[Arco (arma)|arcos]] que se acharon nalgúns lugares. Estes obxectos produto do [[Tecnoloxía|progreso tecnolóxico]] desenvolvéronse primeiro en África, asociados coa cultura [[azilense]], antes de extenderse cara a Europa a través de dúas zonas: a [[Península Ibérica]] e o [[Levante mediterráneo]].<ref>{{cita web|url=http://www.diclib.com/cgi-bin/d1.cgi?l=es&base=es_wiki_10&page=showid&id=20051|título=La cultura Aziliense|dataacceso=1 de maio de 2009}}</ref>
 
== Neolítico ==
O [[Neolítico]] —que quere dicir, a «nova idade de pedra»— é onde se produce o primeiro período de desenvolvemento [[Tecnoloxía|tecnolóxico]] e [[Socioloxía|social]].<ref>{{cita web|url=http://sepiensa.org.mx/contenidos/historia_mundo/prehist/neolitico/neolit_1.htm|título=¿Qué pasó durante la revolución Neolítica?|dataacceso=3 de maio de 2009|urlarquivo=http://web.archive.org/web/http://sepiensa.org.mx/contenidos/historia_mundo/prehist/neolitico/neolit_1.htm|dataarquivo=30 de novembro de 2015}}</ref> Esta etapa iniciouse hai uns 12 000 anos (no [[-10000|10 000 a. C.]]) e caracterizouse pola creación dos primeiros poboados e pola aparición da [[agricultura]], a [[gandería]] e a [[metalurxia]].<ref>Bellwood, Peter: ''First farmers: the origins of agricultural societies''. Blackwell Publishers, 2004. [[Especial:FuentesDeLibros/0631205667|ISBN 0-631-20566-7]]</ref><ref>{{cita web|url=http://worldmuseumofman.org/neolithic1.htm|título=Museo Mundial del Hombre, la etapa Neolítica|dataacceso=3 de maio de 2009|ano=2005}}</ref> Neste período é cando comeza o cultivo de certos [[Cereal|cereais]] como o [[arroz]], o [[trigo]], o [[millo]], e de [[Tubérculo|tubérculos]] como a [[pataca]]. Deste xeito, o ser humano deixou de depender da caza, a pesca e da recolleita de produtos das plantas silvestres, e converteuse en autosuficiente; isto permitiu que se puidese adoptar un tipo de [[Sedentarismo|vida sedentaria]], aínda que algunhas actividades como o [[pastoreo]] aínda seguiron requirindo da práctica do nomadismo ou do semi-nomadismo. A incorporación deste cambio de vida conlevou cambios na alimentación e, desta forma, aprendeuse a fabricar [[pan]] e a elaborar [[Bebida alcohólica|bebidas alcohólicas]].
 
== Notas ==