Diferenzas entre revisións de «Lingua carelia»

sen resumo de edición
A '''lingua carelia''' (''karjala'', ''karjal'' ou ''kariela'') é unha [[Linguas fino-bálticas|lingua fino-báltica]] falada maioritariamente na [[República de Carelia]], [[Rusia]]. Lingüisticamente, o carelio está relacionado co [[Lingua finesa|finés]] falado na parte leste de [[Finlandia]], e mesmo algúns lingüistas clasifican o carelio como un dialecto do finés.
 
Non hai unha [[lingua estándar|forma estándar]] da lingua polo que os escritores en carelio escriben segundo a súa propia forma dialectal. As formas escritas que foron desenvolvidas son o carelio do norte, o [[Lingua livvi|carelio olonets]], o carelio tver e o lúdico. Tódalas variantes, agás o carelio tver, escríbense en [[alfabeto latino]], baseado no alfabeto carelio. O [[alfabeto cirílico]] tamén foi usado no pasado.
 
== Véxase tamén ==
244.990

edicións