Diferenzas entre revisións de «Circle Jerks»

m
arranxiño
m (arranxiño)
}}
 
'''Circle Jerks''' (estilizado como '''Ciʀcle JƎʀᴋs''') foi unha banda [[estadounidense]] de [[hardcore punk]] formada en [[1979]] nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], [[California]]. O grupo fundárono o antigo vocalista de [[Black Flag]] [[Keith Morris]] e o guitarrista de [[RedRedd Kross]] [[Greg Hetson]]. Circle Jerks estivo entre as primeiras bandas de hardcore punk da escena da cidade de finais da década dos 70.
 
O grupo separouse e reformouse tres veces, ás veces con diferentes baixistas ou baterías. Disolveuse por vez primeira tras a publicación do seu quinto álbum, ''[[VI]]'' ([[1987]]), cando Hetson decidiu continuar xirando e editando discos con [[Bad Religion]]. Reuníuse ao redor de [[1994]] e gravou o álbum ''[[Oddities, Abnormalities and Curiosities]]'' durante o seguinte ano tras o que realizaron unha xira. Despois disto, Circle Jerks separouse novamente xa que Hetson aínda formaba parte de Bad Religion. Voltarían a xuntarse sobre [[2001]], pero dende o ano [[2010]] a banda está en hiato.
63.042

edicións