Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Traxectoria: arranxiño
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, [[Manuel Calvelo]], quen xunto coa súa muller [[Isabel Ríos]], dirixían a célula comunista de [[Curtis]], chamada ''Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis'', coa que simpatizaba Foucellas.
 
Posteriormente afiliado á [[CNT]], ao estalar a [[Guerraguerra Civilcivil]] enrolouse nunha columna que se dirixía á [[A Coruña|Coruña]], para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en [[Fisteus, Curtis|Fisteus]] e noutra de dinamita na [[estación de Teixeiro]] e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de [[difteria]] e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.
 
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola [[Garda Civil]], púxose á fronte, sobre o ano [[1941]], dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de [[Sobrado dos Monxes]] e [[Arzúa]], formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o [[Deportivo de La Coruña|Deportivo]] vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do [[Exército Guerrilleiro de Galicia]]. En [[1947]] parte para Pontevedra, onde é o principal combatente da V Agrupación. En outubro de [[1949]] escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a [[Riqueche]], xefe do destacamento ''Cortizas''.
101.496

edicións