Aparato circulatorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Notas: Amplío de es.wiki
Liña 64:
[[Ficheiro:Blutkreislauf Reptilien-es.svg|miniatura|Sistema circulatorio dos réptiles.]]
Nos réptiles crocodilianos xa existe unha división completa do ventrículo en dous compartimentos (dereito e esquerdo). Xa que logo, o corazón xa é tetracameral e ten dous caxatos aórticos: o esquerdo que sae do ventrículo dereito e leva sangue venoso, e o dereito que sae do ventrículo esquerdo e leva sangue arterial. Prodúcese unha pequenísima mestura de sangue na aorta descendente. Deste xeito, considérase que a circulación é dobre e completa (aínda que non totalmente).
 
== Ciclo cardíaco ==
Os capilares son os vasos sanguíneos máis numerosos do corpo. Todas as células do organismo atópanse preto dun vaso capilar de onde tomarán alimentos e oxíxeno e deixarán o dióxido de carbono. Os vasos capilares están conectados a veas pequenas, que se xuntan para formar veas máis grandes. As que devolven o sangue da cabeza e os brazos xúntanse para formar a [[vea cava superior]]. O sangue da parte inferior do corpo lévase cara ao corazón pola [[vea cava inferior]].
 
Ambas as [[veas cavas]], superior e inferior, levan o [[sangue]] á [[aurícula dereita]], unha das catro cavidades do corazón. De alí pasa ao ventrículo dereito a través da [[válvula tricuspide]]. O ventrículo dereito contráese e empuxa o sangue, a través da [[Válvula cardíaca|válvula pulmonar]], cara á arteria pulmonar.
 
A [[Arteria pulmonar dereita|arteria pulmonar]] divídese en dúas ramas que levan o sangue cara aos vasos capilares de cada [[pulmón]], onde o oxíxeno entra no sangue e o dióxido de carbono sae dela. Despois, o sangue regresa polas veas pulmonares ata a [[aurícula esquerda]] e de alí, pasando pola válvula mitral, chega ao [[ventrículo esquerdo]]. Este empuxa o sangue a través da [[Válvula aórtica bicúspide|válvula aórtica]] cara á arteria aorta, que leva o sangue de novo oxixenada a todos os capilares do noso corpo e así complétase o ciclo.<ref>{{Cita web|url=http://www.med.unne.edu.ar/enfermeria/catedras/fisio/clases07/010|título=Ciclo cardiaco|dataacceso=12-11-2016|nome=Dr. Javier|apelidos= Pascuzzi|páxina-web=http://www.med.unne.edu.ar/enfermeria/catedras/fisio/clases07/010|editorial=}}</ref>
 
== Notas ==