Aparato circulatorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: {{Commonscat}}
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 26:
'''Sistema circulatorio pechado''': consiste nunha serie de vasos sanguíneos polos que, sen saír deles, viaxa o [[sangue]]. O material transportado polo sangue chega ós tecidos a través de difusión. É característico de [[anélidos]], [[molusco]]s cefalópodos e [[vertebrado]]s.
 
'''Sistema circulatorio aberto''': o sangue bombeado polo [[corazón]] viaxa a través de vasos sanguíneos, co que o sangue irriga directamente as [[célula]]s, regresando logo por distintos mecanismos. Este tipo de sistema preséntase nos [[artrópodo]]s e nos [[molusco]]s non cefalópodos. Estes animais teñen un ou varios corazóns, unha rede de vasos sanguíneos e un espazo aberto grande no corpo chamado [[hemocele]].<ref>[http://www.google.es/books?id=uO48-6v7GcoC&pg=PA550&dq=circulatorio+cerrado&cd=1#v=onepage&q=circulatorio%20cerrado&f=false] Google libros: ''Biología: la vida en la tierra'' Escrito por Gerald Audesirk, Teresa Audesirk, Bruce E. Byerspag, p.&nbsp;550.</ref>
 
A circulación do sangue ou circulación sanguínea describe o percorrido que fai o sangue dende que sae ata que volve ao corazón. A circulación pode ser simple ou dobre:
* Circulación simple: ocorre cando o sangue forma un só ciclo e no seu percorrido pasa unha soa vez polo corazón. O sangue pasa unha vez polo corazón en cada volta.
* Circulación sanguínea doble: o sangue pasa dúas veces polo corazón en cada volta.
 
A circulación sanguínea tamén se clasifica en:
* Circulación sanguínea completa: non hai mestura de sangue oxixenado e desoxixenado.
* Circulación sanguínea incompleta: hai mestura de sangue oxixenado e desoxixenado.
 
O corazón dos seres humanos e da maioría dos vertebrados máis evolucionados divídese en catro cámaras (tetracameral). Noutros animais só teñen dúas ou tres cámaras, ou mesmo unha soa en forma tubular. Ademais hai animais que teñen máis dun corazón.
 
== Sistema cardiovascular nos humanos ==