Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
 
=== Fotodesintegración e combustión do silicio ===
[[Ficheiro:Burningshells.png|miniatura||200px|dereita|Capas de combustión nunha estrela agonizante nos seus derradeiros momentos antes do colapso final]]
Cando o núcleo acada os '''2,710<sup>9</sup> K''' e '''310<sup>7</sup> g/cm³''' procédese á incineración do [[silicio]] nun conxunto de complexas reaccións que sosterán por pouco máis dun día á estrela. Unha parte do silicio-28 recibe o impacto de fotóns ultraenerxéticos que o rompen noutros isótopos como silicio-27 o magnesio-24. No proceso reemítense gran cantidade de protóns, neutróns e alfas que en seguida son recapturados cada vez por átomos máis pesados nunha aproximación [[asíndote|asindótica]] cara ó ''pico do ferro''. Así mesmo, o silicio tamén acada temperaturas de fusión que o levan a formar [[níquel]]-56 que posteriormente se degrada ata o [[ferro]]-56, elemento final a partir do cal a fusión nuclear deixa de ser unha reacción rendible e exotérmica, alcanzándose finalmente o '''equilibrio estatístico nuclear''' (Fe56+Ni56). Chegados a este punto a xa moi convulsa estrela non poderá sosterse máis por si mesma.
<center><math>{}^{28}Si+{}^{28}Se \rightarrow {}^{56}Ni+\gamma</math><br />