Embraer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎A crise dos 90: arranxiño
Liña 51:
O seguinte proxecto comercial consistía nun avión [[turbohélice]] con capacidade para 19 pasaxeiros desenvolvido en asociación con FMA (actual Fábrica Argentina de Aviones - Fadea), o [[Embraer/FMA CBA 123 Vector|CBA 123 Vector]], que voou or vez primeira o [[30 de xullo]] de [[1990]]. Aínda que incluíu algunhas das tecnoloxías más avanzadas do momento, o Vector non foi aceptado polo mercado a causa do seu alto prezo, e o proxecto foi cancelado sen que se vendese ningunha unidade.
 
A finais dos 80, as inversións gobernamentais na industria aerospacial reducíronse, debido á aprobación da Constitución de 1988 que anulaba calquera tipo de axuda oficial á industria e á crecente falta de interese na área de defensa tras o fin da [[Guerraguerra Fríafría]]. Estes feitos unidos ao fracaso do proxecto Vector e á crise na aviación provocada pola escalada do prezo do petróleo en [[1990]], fixo caer a Embraer nunha profunda crise financeira. Realizáronse importantes recortes de gastos ata [[1994]], e dos 12.600 empregados que había en [[1990]], só permaneceron 3.200. Pese a todos estes sucesos, os enxeñeiros de Embraer centráronse nun novo proxecto, un avión rexional de motores turbofán para 45 pasaxeiros, o [[Embraer ERJ 145|ERJ 145]].
 
=== Privatización e recuperación ===