John Adams: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Armada dos Estados Unidos de América
Liña 39:
Adams chegou á elite política nas primeiras etapas da [[Guerra de Independencia dos Estados Unidos|Revolución Americana]]. Como delegado de [[Massachusetts]] no [[Congreso Continental]], desempregou un papel importante persuadindo ao Congreso para declara-la independencia, e axudou a [[Thomas Jefferson]] na redacción da [[Declaración de Independencia dos Estados Unidos]] en [[1776]]. Como representante do Congreso en [[Europa]], foi un dos negociadores principais do [[Tratado de París (1783)|Tratado de París]] coa [[Gran Bretaña]], e un dos principais responsables da obtención de préstamos importantes de banqueiros de [[Ámsterdam]]. Teórico político e historiador, Adams escribiu en gran medida a constitución do estado de [[Massachusetts]] en [[1780]], pero atopábase en Europa cando se redactou a [[Constitución de los Estados Unidos|Constitución federal]] en termos semellantes. En [[1775]] nomeou a [[George Washington]] coma [[comandante en xefe]] do [[Exército Continental]], e vinte e cinco anos máis tarde nomeou a [[John Marshall]] coma [[Corte Suprema dos Estados Unidos|Presidente do Tribunal Supremo dos Estados Unidos]].
 
Actuou coma vicepresidente de [[George Washington]] en dous mandatos para posteriormente ser elixido en [[1796]] coma o segundo presidente da nación. Durante o seu mandato presidencial, atopouse con feroces ataques por parte do [[Partido Demócrata-Republicano]] de [[Thomas Jefferson]], así coma a facción dominante do seu propio partido, o [[Partido Federalista]] liderado por [[Alexander Hamilton]]. Adams firmou as polémicas ''Actas de sedición e estranxeiros'', e conformou o [[Exército dos Estados Unidos|exército]] e a [[MariñaArmada dos Estados Unidos de América|mariña]] no contexto da guerra naval non declarada con [[Francia]] entre [[1798]]-[[1800]].
 
En [[1800]] Adams saíu derrotado na reelección por [[Thomas Jefferson]] e retirouse a [[Massachusetts]]. El e mais a súa dona, [[Abigail Adams]], fundaron unha liña familiar de políticos, diplomáticos e historiadores nos Estados Unidos. Foi pai de [[John Quincy Adams]], sexto Presidente dos Estados Unidos. O [[4 de xullo]] de [[1826]] faleceu aos 90 anos de idade, o mesmo día do 50º Aniversario da [[Declaración de Independencia dos Estados Unidos|Declaración de Independencia]].