Mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
m arranxiños
Liña 11:
| data8 = [[Balea]]s e [[lura]]s son formas de vida mariña entre as moitas e diferentes que se dan nos mares
}}
O '''mar'''<ref>{{DRAG|mar}}</ref> é un gran [[Corpo de auga|corpo]] de [[Auga do mar|auga salgada]] rodeado por [[Continente|terra]] en parte ou na súa totalidade.<ref name="pri.sea">{{cita web |url=http://wordnetweb.princeton.edu/perl/webwn?s=sea |título=WordNet Search — sea |editorial=Princeton University |dataacceso= 3 de xaneiro do 2016}}</ref> Máis amplamente, '''mar''' - como un [[Artigo (gramática)|artigo definido]] - é o sistema interconectado de [[auga]]s dos [[océano]]s, considerando estes un [[Océano mundial|océano global]] e o conxunto das varias divisións oceánicas principais. O mar modera o [[Climatoloxía|clima da Terra]] e desempeña importante papel nos ciclos [[#ciclo da auga|da auga]], [[#ciclo do carbono|do carbono]] e [[#Algas e plantas|do nitróxeno]]. Aínda que foi canle para [[#Viaxes|viaxes]] e [[# Exploración|exploracións]] desde a [[prehistoria]], o seu [[Ciencia|estudio científico]] contemporáneo, a [[# Ciencia física|oceanografía]], data da [[expedición Challenger]] [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda|británica]], durante a década de 1870.<ref>{{Cita web|editor=National Oceanic and Atmospheric Administration.|url=http://oceanexplorer.noaa.gov/explorations/03mountains/background/challenger/challenger.html |título= "Then and Now: The HMS ''Challenger'' Expedition and the 'Mountains in the Sea' Expedition" |obra=. ''Ocean Explorer''|autores=Dr. Tina Bishop, Peter Tuddenham e Melissa Ryan |lingua=en |dataacceso=5 de xaneiro do 2016}}.</ref> O mar está, por convención, dividido en [[Océano#Divisións oceánicas|cinco grandes seccións oceánicas]], entre elas as catro instituídas pola [[Organización Hidrográfica Internacional|OHI]]<ref name=ihorg>{{Cita web|autor=[[Organización Hidrográfica Internacional|International Hydrographic Organization]] |url= https://epic.awi.de/29772/1/IHO1953a.pdf |título="Limits of Oceans and Seas (Special Publication №28)" |edición= 3rd ed. |editor=Imp. Monégasque |lugar=([[Monte Carlo]]), |data=1953 |dataacceso=5 de xaneirro do 2016}}</ref>, que son o [[Océano Atlántico|Atlántico]], [[Océano Pacífico|Pacífico]], [[Océano Índico|Índico]] e [[Océano Ártico|Ártico]], máis o [[Océano Antártico|Antártico]]<ref name=oed>''[[Oxford English Dictionary]]'', 1st ed. "sea, ''n.''" Oxford University Press (Oxford), 1911.</ref>, seccións menores de segunda orde, como o [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]], son coñecidos como ''[[lista dos mares|mares]]'', así mesmo o termo tamén se usa para grandes [[lago]]s salinos que non teñen saída natural, como o [[Marmar Caspio]], o [[Marmar de Aral]] e máis o [[Marmar Morto]].
 
Debido o actual estado da [[deriva continental]], o [[hemisferio norte]] configúrase cunha división equitativa entre a terra e o mar (con unha proporción de 2:3), mentres que no [[hemisferio sur]] é predominantemente oceánico (1:4,7)<ref name="reddyornot">Reddy, M.P.M. (2001) [http://books.google.com/books?id=2NC3JmKI7mYC&lpg=PA112 ''Descriptive Physical Oceanography'']. p. 112. A.A. Balkema, Leiden. ISBN 90-5410-706-5.</ref>. A [[#Auga do mar|salinidade]] en alta mar é, en xeral, de aproximadamente o 3.5% da masa, non obstante iso varia en augas pechadas, na proximidade da desembocadura de grandes [[río]]s ou a grandes profundidades. Preto do 85% dos sólidos en mar aberto son [[cloruro de sodio]]. As [[Circulación termohalina|correntes de augas profundas]] xorden a partir de diferenzas salinas e de [[temperatura]]; as [[#Correntes|correntes de superficie]], á súa vez, están formadas polo rozamento das [[#Ondas|ondas]] producidas polos [[vento]]s e [[#Mareas|mareas]]. Os cambios na altura do [[#Nivel do mar|nivel do mar]] orixínanse a partir da [[gravidade]] da [[Lúa]] e do [[Sol]]. As [[corrente mariña|correntes mariñas]] son atribuída ás masas de terra [[#Costas|de superficie]] e [[#Bacias|submarinas]] así como a [[rotación da Terra]] ([[Forza de Coriolis]]).
Liña 22:
[[Ficheiro:World ocean map.gif|miniatura|esquerda|O océano interconectado e as súas diferentes divisións.]]
[[Ficheiro:STS059-238-074 Strait of Gibraltar.jpg|miniatura|Vista de satélite do [[estreito de Xibraltar]] onde se pode ver a separación do [[mar Mediterráneo]] co [[Océano Atlántico]]]]
A definición comparativa de mar como extensión de [[auga de mar|auga salgada]] menor que o [[océano]] establece unha clasificación das extensións de auga salgada en que os océanos serían as maiores extensións e virían logo, de diferentes tamaños, os mares. Os mares diferéncianse principalmente polo contacto co océano, podendo ser abertos ou pechados: se está rodeado case totalmente por terra, como o [[marMar Negro]], fálase de mar continental, mentres que se está moi aberto, como o [[mar da China]], fálase de mar litoral.
 
A distinción entre mar e océano obedece a diversas causas, sobre todo cando se fala de mares abertos en que adoita distinguirse atendendo á situación xeográfica, xeralmente situado entre dúas masas terrestres ou, ás veces, as menos, á posición da [[plataforma continental]]. Algúns exemplos disto son os seguintes: o mar do [[canal da Mancha]] comunica co [[océano Atlántico]] polo [[mar Céltico]], pero distínguese pola súa posición entre a costa sur de [[Inglaterra]] e a costa norte de [[Francia]]. Outro caso moi claro é o [[mar Mediterráneo]], que comunica co océano Atlántico polo [[estreito de Xibraltar]] e distínguese claramente por estar situado entre [[Europa]], [[Asia]] e [[África]], xa que ten unhas condicións marítimas moi diferentes:[[temperatura]]s, [[fauna]] [[flora]], e [[marea]]s de diferente amplitude. Outro mar aberto, neste caso o [[mar dos Argazos]], (creado polas correntes que forman o [[xiro oceánico]] do [[Xiro do Atlántico Norte|Atlántico Norte]]) coa súa acumulación de [[alga]]s ao longo da [[Florida]], distínguese do océano Atlántico de forma totalmente arbitraria.<ref name=Stow>{{cita libro|ref=Stow | título=Encyclopedia of the Oceans | editorial=Oxford University Press | autor=Stow, Dorrik | data=2004 | isbn=0-19-860687-7}}</ref>{{rp|page=90}}
 
A [[Organización Hidrográfica Internacional]] (IHO-OHI) é a máxima autoridade mundial que define os mares e os seus límites. O documento actual de definición é a publicación especial S-23, Limits of oceans and seas (''Límites de océanos e mares''), 3a edición, [[1953]]. Unha nova edición do [[1986]] non foi aínda aprobada debido a discusións nominais (tales como a referida ao [[Marmar do Xapón]]).
 
Dita publicación non establece diferenzas entre océanos e mares, senón que se limita a enumerar todos os océanos e mares do mundo, asignándolles un número, chegando ata o 66, aínda que como utiliza ás veces números con letra, en realidade son 73. Son un total de 6 océanos (o Atlántico e o Pacífico están divididos cada un en dous, Norte e Sur) e 67 mares, deles dous divididos en dúas [[Conca fluvial|concas]], o do mar Mediterráneo e a do mar da China.