República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
m →‎Orixe: arranxiños
Liña 42:
=== Orixe ===
[[Ficheiro:Sozialistische Einheitspartei Deutschlands Logo.svg|150px|miniatura|esquerda|Logo do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|SED]].]]
Na [[Conferencia de Ialta]], celebrada en [[febreiro]] de [[1945]], os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], o [[Reino Unido]] e a [[Unión Soviética]] acordaron a división de [[Alemaña]] en zonas de ocupación. Calculando o territorio que os exércitos converxentes dos aliados occidentais e a URSS podían tomar, a Conferencia de Ialta determinou as liñas de demarcación para as respectivas zonas de ocupación. Trala rendición de [[Alemaña nazi|Alemaña]], o [[Aliados da Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial|Consello de Control Aliado]], representando a Estados Unidos, Reino Unido, [[Francia]] e a Unión Soviética, asumiu a autoridade gobernamental da Alemaña de posguerra. Con todo, a desmilitarización económica (especialmente o traslado de equipamento industrial) era responsabilidade de cada zona individualmente.
 
A [[Conferencia de Potsdam]], celebrada uns meses despois, entre [[xullo]] e [[agosto]] de [[1945]], recoñeceu as zonas e confirmou a xurisdición da Administración Militar Soviética en Alemaña (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Sowjetische Militäradministration in Deutschland, SMAD'') dende os [[río Oder|ríos Oder]] e [[río Neisee|Neisse]] até a liña de demarcación. A zona de ocupación soviética incluíu os antigos estados de [[Brandeburgo]], [[Mecklemburgo-Antepomerania]], [[Saxonia]], [[Saxonia-Anhalt]] e [[Turinxia]]. A cidade de [[Berlín]] foi colocada baixo o control do catro poderes.
[[Ficheiro:Stamps of Germany (DDR) 1975, MiNr 2106.jpg|miniatura|220px|Wilhelm Pieck, primeiro presidente da RDA.]]
As crecentes diferenzas económicas combinábanse co desenvolvemento de tensións políticas entre [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] (que culminaría no desenvolvemento da [[Guerraguerra Fríafría]]) e manifestáronse no rexeitamento do SMAD en [[1947]] de participar no [[Plan Marshall]] norteamericano. En [[marzo]] de [[1948]], Estados Unidos, [[Reino Unido]] e [[Francia]] reuníronse en [[Londres]] e acordaron unir as zonas occidentais para establecer unha [[Alemaña Occidental|República alemá occidental]]. A Unión Soviética respondeu abandonando o Consello de Control Aliado e preparándose para crear un Estado alemán oriental. A división de Alemaña fíxose clara coa reforma monetaria introducida o [[20 de xuño]] de [[1948]], que se limitaba ás zonas occidentais. Tres días despois era introducida unha reforma diferenciada na zona soviética. A introdución do [[marco alemán]] nos sectores occidentais de Berlín contra o desexo do comandante supremo soviético, levou á Unión Soviética a impor o Bloqueo de Berlín nunha tentativa de gañar o control do conxunto de Berlín. Os aliados occidentais decidiron aprovisionar a cidade cunha ponte aérea, que duraría once meses, ata que a Unión Soviética abandonou o bloqueo o [[12 de maio]] de [[1949]].
 
Un decreto do SMAD de [[10 de xuño]] aprobaba o permiso para a formación de [[partido político|partidos políticos]] [[Democracia|democráticos]] e [[fascismo|antifascistas]] na zona soviética; as eleccións aos parlamentos rexionais dos estados estaban convocadas para [[outubro]] de [[1946]]. Unha coalición democrática-antifascista, que incluía ao [[Partido Comunista de Alemaña|Partido Comunista (''KPD'')]], ao [[Partido Socialdemócrata de Alemaña|Partido Socialdemócrata (''SPD'')]], á recentemente creada [[Unión Demócrata Cristiá de Alemaña|Unión Demócrata Cristiá (''CDU'')]], e ao [[Partido Liberal Democrático de Alemaña|Partido Liberal Democrático (''LDPD'')]] foi formada en [[xullo]] de [[1945]]. O KPD (con 600.000 militantes na zona oriental) e o SPD (con 680.000), unificáronse en [[abril]] de [[1946]] dando nacemento ao [[Partido Socialista Unificado de Alemaña]] (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Sozialistische Einheitspartei Deutschlands, SED''). Nas eleccións rexionais de outubro de 1946, o SED obtivo aproximadamente o 50% dos votos nos estados da zona soviética. En Berlín, que se atopaba dividida, o SPD opúxose á unificación e presentouse en solitario, obtendo o 48,7% dos votos, mentres a SED foi derrotado co 19,8%, quedando por baixo do SPD e a CDU. Cinco semanas despois da proclamación da occidental [[República Federal de Alemaña]], o [[7 de outubro]] de [[1949]], a Comisión Económica Alemá (DWK) formou un goberno provisional e proclamou o establecemento da República Democrática Alemá. O [[comunismo|comunista]] [[Wilhelm Pieck]] foi elixido o seu primeiro Presidente.