Praga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Arquitectura: arranxiño
m →‎Literatura: arranxiño
Liña 500:
Neruda (1834-1891) foi un poeta, dramaturgo e novelista [[Chequia|checo]], un dos principais representantes do realismo checo e membro da chamada ''Escola de maio''. A súa obra máis recoñecida é ''[[Contos de Malá Strana]]'' ([[1877]]), un libro de relatos sobre a pequena burguesía praguense daquel, por entón, tranquilo barrio. O seu apelido inspirou o seudónimo de ''Pablo Neruda'' a [[Pablo Neruda|Ricardo Neftalí Reyes Basoalto]], quen se tomou a liberdade de cambiar a súa acentuación a grave. A rúa onde naceu leva hoxe día o seu nome.
 
Jaroslav Hašek ['jarɔzlaf 'ɦaʃɛk] (1883-1923), foi un escritor e xornalista, coñecido principalmente pola súa novela ''[[Osudy dobrého vojáka Švejka za světové války]]'' ("As aventuras do bo soldado Švejk"), unha sátira antimilitarista publicada por entregas entre 1920 e 1923 e ambientada na [[Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial]]. Esta obra está considerada a obra mestra da narrativa en [[lingua checa]].
 
Kafka (1883-1924) é un dos [[escritor]]es máis importantes do [[século XX]] en [[lingua alemá]]. A súa obra é unha das máis influentes da literatura universal no último século, malia non ser moi extensa: foi autor de tres [[novela]]s (''[[O proceso]]'', ''[[O castelo (novela)|O castelo]]'' e ''[[América (novela)|América]]''), unha [[novela curta]], ''[[A metamorfose]]'', e un certo número de [[Parábola (literatura)|parábolas]] e relatos breves. Ademais, deixou unha abundante correspondencia e escritos autobiográficos, a maior parte publicados de forma póstuma. Gran parte da súa obra foi publicada trala súa morte polo seu amigo e confidente, [[Max Brod]]. A súa obra é expresiva, como ningunha outra, das [[ansiedade]]s e a [[alienación]] do home do [[século XX]]. O Museo que leva o seu nome contén as primeiras edicións dos seus libros, así como correspondencia persoal e audiovisuais do escritor.