Praga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Música: arranxiño
m →‎Arquitectura: arranxiño
Liña 490:
No [[século XIII]] comeza a utilizarse a pedra para as grandes construcións, para no [[século XIV|XIV]], grazas á influencia do Rei [[Carlos IV de Luxemburgo|Carlos IV]], desenvolverse un estudado deseño de Praga utilizando principalmente o estilo [[arquitectura gótica|gótico]] que a converteu nunha cidade fermosa e en centro político-cultural de [[Europa]].
 
Desta época son o edificio do Arcebispado e a [[Catedral de San Vito]]. Cos [[Habsburgo]] chega o [[renacemento]] con construcións tan orixinais como o Palacete da Estrela e tan fermosos como o Palacio da Familia Schwarzenberg ou a Casa do Minuto. Trala [[Guerraguerra dos Trinta Anos]] chegou un período de decadencia para renacer baixo os influxos do [[barroco]], con mostras tan interesantes como a Residencia de Verán da Familia Sternberken Troja ou o Palacio Clam-Gallas.
 
No [[século XVIII]] imponse o clasicismo francés e na segunda metade do [[século XIX]] pásase a un estilo persoal checo promovido polos compoñentes da coñecida como Xeración do Teatro Nacional como se pode observar na Casa dos Artistas e no Teatro Nacional. Este estilo propio desenvólvese intensamente coa Feira conmemorativa do país en [[1891]] que dá como froitos o Pavillón en ferro fundido que mandou construír o Príncipe Hanavsky, o Palacio Industrial de Holesovice e o Mirador do Outeiro. Xa no [[século XX]] pásase ao [[modernismo]] cuxas principais mostras son a Casa Municipal, o Hotel Europa, o Palacio de Exposicións e a casa de Ginger e Fred.