Praga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 266:
En [[1526]],<ref name=CITY/> os [[Países Checos|estados bohemios]] elixiron como novo gobernante a [[Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Fernando I]] de [[Casa de Habsburgo|Habsburgo]], polo que Praga foi capital dunha provincia [[Austria|austríaca]]. O catolicismo fervente dos membros da dinastía xerou conflitos, primeiro en Bohemia e logo en Praga, onde as [[protestantismo|ideas protestantes]] ían gañando popularidade. Con todo, estes problemas non foron salientables durante o goberno do [[Emperador do Sacro Imperio Romano|emperador]] [[Rodolfo II]], nomeado [[Reino de Bohemia|Rei de Bohemia]] en [[1576]]. Rodolfo II elixiu como residencia o [[Castelo de Praga]] onde, aínda que invitou tamén a [[Astroloxía|astrólogos]] e [[Maxia|magos]], recibiu a [[ciencia|científicos]], [[música|músicos]] e [[arte|artistas]]. O emperador era tamén amante da arte, convertendo a Praga na capital da cultura europea. Este período foi de grande esplendor para a cidade, algúns dos máis famosos habitantes desa época foron os [[Astronomía|astrónomos]] [[Tycho Brahe]] e [[Johannes Kepler]], o [[pintura|pintor]] [[Giuseppe Arcimboldo|Arcimboldo]], os [[Alquimia|alquimistas]] [[Edward Kelley]] e [[John Dee]] ou a [[poesía|poetisa]] [[Elizabeth Jane Weston]], entre outros.
 
En [[1618]], a elección de [[Fernando II de Habsburgo]], [[catolicismo|católico]], como rei de Bohemia causou ira entre os nobres bohemios, de relixión protestante. Cando Fernando II enviou dous concelleiros católicos para preparar a súa chegada a Praga, estes foron secuestrados e arroxados por unha fiestra do castelo, o que se coñece como a [[Defenestracións de Praga|Segunda Defenestración de Praga]]. Estes feitos desembocaron na [[Guerraguerra dos Trinta Anos]], un período especialmente duro para Praga e [[Bohemia]] en xeral. Tralo comezo da confrontación Fernando II foi deposto, e o seu lugar como Rei de Bohemia ocupouno por [[Federico V, Elector Palatino|Federico V]], Elector Palatino. Con todo, o exército checo baixo o seu mando foi esmagado no [[Batalla da Montaña Branca]] ([[1620]]) e, en consecuencia, Fernando II regresaría ao trono. Posteriormente a cidade sufriría a guerra contra [[Saxonia]] ([[1631]]) e contra [[Suecia]] ([[1648]]), o que produciu un descenso da poboación, pasando dos 60.000 de antes da guerra a 20.000. Na segunda metade do [[século XVII]] a poboación Praga comezou a medrar de novo. Os [[xudeus]], que chegaron a Praga a finais [[século X]], supoñían en [[1708]] ao redor dun cuarto da poboación.
 
[[Ficheiro:Defenestration-prague-1618.jpg|miniatura|250px|Gravado que representa a [[Defenestracións de Praga|defenestración de Praga]] de [[1618]].]]