Historia de Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 447:
A nova moeda para Europa, o [[euro]], foi establecida virtualmente en [[1999]], unindo oficialmente as moedas de cada nación participante, e posto en circulación ''física'' o [[1 de xaneiro]] de [[2002]], co que as vellas moedas despareceron nuns meses.
 
Pese ao fortalecmento da unidade continental, Europa non soubo, e non puido, evitar conflitos tan graves como as [[guerras iugoslavas]]. Por outra parte, en [[2003]] algúns países europeos, encabezados por Alemaña, Francia e Rusia, opuxéronse ao novo concepto estadounidense de ''[[guerra preventiva]]'' e rexeitaron participar na [[Invasión de Iraq de 2003|invasión de Iraq]], mentres que outros, encabezados pola Gran Bretaña, España, Italia, e Polonia, respaldaron a [[Guerraguerra de Iraq]] e enviaron efectivos militares.
 
O 19 de marzo de [[2004]] representantes de todos os estados membros da Unión asinaron un novo tratado para establecer a [[Constitución Europea]],<ref>Que substituiría os tratados de Maastrich e de Roma, até aquela vixentes.</ref> suxeito a ratificación por todos os estados membros. Cando estaba en proceso de ratificación, en [[2005]], os votantes de Francia (29 de maio) e dos Países Baixos (1 de xuño) rexeitaron o tratado en referendo. A falta de apoio popular da constitución nestes estados fixo que outros países pospuxesen ou detivesen os seus procesos de ratificación.