Cason: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 49:
Con toda a rapidez posible o ''Galerna'' entra no porto de Morás e remátase a carga ás 21:30 horas, para abandonar o porto menos de unha hora despois. O xefe de Protección Civil expide un certificado de non contaminación. Pero aínda así, os traballadores non se reincorporan ós seus postos pois esixen que non se tomen represalias nin se lles desconten as horas non traballadas, condicións que a dirección da empresa non acepta, á vez que advirte que a situación das cubas é crítica e que existe o perigo de paralización. As negociacións sucédense durante toda a mañá do día 15, sen que ninguén se reincorpore ó traballo, e prodúcese a paralización, apagándose liñas que alimentan as cubas de electrólise sen aplicar o procedemento de parada establecido, polo que o [[aluminio]] se solidifica no seu interior.
 
O custo da avaría provocada e os derivados de poñer de novo a factoría en funcionamento estimouse en máis de 20.000 millóns de pesetas, aínda que a aseguradora estatal Musini só recoñeceu 3.300 millóns. Unha vez paralizada irreversiblemente a liña de fabricación, a empresa endurece a súa postura e adopta medidas disciplinarias: o despidodespedimento de 111 traballadores por non prestar os servizos mínimos necesarios<ref>En realidade, os operarios citados para tales servizos ascendeu a case 500 empregados, pero os 111 despedidos eran os que traballaban nas instalacións onde se produciran os danos máis graves. Esta discriminación foi a base de que eses despidos fosen declarados nulos.</ref> e apertura de expediente disciplinario ós 23 membros do Comité de Empresa, que tamén se resolveu no seu despidodespedimento, neste caso, procedente.
 
Un dos membros do Comité explicaba anos despois que a empresa aproveitou a ocasión para desfacerse do Comité e acabar co conflito laboral que viña xestándose desde un ano antes para evitar unha reconversión<ref>"Alúmina-Aluminio: unha carga inesperada", en ''Galiciae.com'', 5.07.2012 [http://www.galiciae.com/nova/3541.html].</ref>.