Bette Davis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 80:
=== O éxito con Warner Bros. (1937-1941) ===
 
Davis comezou a traballar xunto a [[Humphrey Bogart]] no filme ''[[Marked Woman]]'' (1937), un drama [[cine negro|negro]] inspirado no caso de [[Lucky Luciano]], recreando a unha prostituta.<ref>«[http://www.imdb.com/title/tt0029217/ Ficha en IMDb de ''Marked Woman'' (1937)]» (en inglés) IMDb.com. Consultado o 21 de maio do 2016.</ref> Pola súa actuación, foi galardonada coa [[Copa Volpi]] no [[Festival Internacional de Cine de Venecia|Festival de Cine de Venecia]] de 1937.<ref>{{cita web | url=http://www.labiennale.org/en/cinema/history/volpi.html?back=true | título = The awards of the Venice Film Festival | editorial = La Biennale di Venezia | dataacceso = 21 de maio do 2016| idioma = inglés}}</ref> Durante a produción do seu seguinte filme, ''[[Jezabel]]'' (1938), Davis iniciou unha relación co director [[William Wyler]]. Máis tarde, describiuno como «o amor da miña vida» e dixo que facer a película con el foi «o momento da miña vida de maior felicidade».<ref>Chandler (2006), p. 121.</ref> O filme foi un éxito e a actuación de Davis como unha beleza sureña consentida valeulle o seu segundo premio da Academia, o que levou á especulación dentro da prensa de que podería ser elixida para interpretar un personaxe similar, o de [[Scarlett O'Hara]] en ''[[Foise co vento]]''. Davis manifestou o seu desexo de interpretar a Scarlett<ref>McNulty (2004), p. 91.</ref> e mentres [[David O. Selznick]] estaba a levar a cabo a procura da actriz que interpretaría o papel, unha votación radiofónica nomeouna como a favorita do público.<ref>McNally (2008), p. 45.</ref> Warner ofreceu os seus servizos a Selznick como parte dun acordo que tamén incluía a [[Errol Flynn]] e [[Olivia de Havilland]], pero Selznick non considerou adecuada a Davis e rexeitou a oferta.<ref name="Haver_1">Haver (1980), p. 243.</ref>
 
== Notas ==