Historia de Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Guerra fría: arranxiños
Elisardojm (conversa | contribucións)
División Azul
Liña 421:
A situación de España foi, en certo modo, anómala. No famoso encontro de [[Hendaia]], [[Franco]] adquirira o compromiso de adherirse ao Eixe, pero deixaba en mans de España a data desa unión, que non chegou a materializarse. Os requirimentos de Hitler nunca foron atendidos. Alemaña pediu a intermediación de Italia, e Franco entrevistouse con [[Mussolini]] en [[Bordighera]] o 12 de febreiro de 1941; Mussolini entendeu os argumentos españois para a dilación da súa incorporación ao Eixe, e saíu da entrevista coa certeza de que Franco non podía, nin quería, ir á guerra. España dependía das subministracións de Gran Bretaña e negociou outros con EEUU. O Reino Unido, que establecera un bloqueo marítimo internacional contra Alemaña, utilizou a arma da concesión de permisos de circulación de buques con trigo e gasolina destinados a España para facer presión sobre esta e forzala a preservar a súa neutralidade; Estados Unidos usou a arma do petróleo co mesmo fin.<ref>Fusi, Juan Pablo (1985): ''Franco''. Madrid: Ediciones El País ISBN 84-86459-01-X, páx. 83.</ref>
 
Porén, Franco, sen alterar a súa declaración de non belixerancia,<ref>Expresión que implica unha ''falsa neutralidad'', isto é, unha ''neutralidade'' favorecedora dun dos bandos.</ref> consecuentemete seguiu prestando apoio a Alemaña. Os submarinos alemáns utilizaron os portos españois, especialmente os galegos, como base para as súas reparacións e avituallamento, o que lles permitía estender o seu raio de acción. Tamén os avións da ''[[Luftwaffe]]'' utilizaron os aeroportos españois cos mesmos fins, quedando demostrado polo [[ONU|Consello de Seguridade das Nacións Unidas]] que operaron desde eles en misións contra a frota aliada.<ref>Os aparatos alemáns eran reparados en aeroportos españois, e aos alemáns se lles permitía a inspección dos aparatos aliados que nalgún caso se viran obrigados a aterrar en solo español. A espionaxe e a sabotaxe alemán contra albos aliados en España folon facilitadas polas autoridades españolas. Preston, Paul (1994): ''Franco "Caudillo de España"''. Barcelona: Editorial Grijalbo. ISBN 84-253-2498-X, páxs. 448-449.</ref> E en xuño de [[1941]], tras unha belixerante campaña de prensa, creouse a [[divisiónDivisión azulAzul]], que loitaría canda Alemaña na fronte rusa até [[1944]].
 
Coa evolución da guerra, ante a inminente derrota do Eixe, a primeira evolución do [[franquismo]] foi a súa "desfascistización". En [[1943]] a Delegación Nacional de Propaganda daba instrucións moi concretas: "Como norma xeral deberá terse en cota a seguinte: en ningún caso, baixo ningún pretexto, tanto en artigos de colaboración coma en editoriais e comentarios [...], farase referencia a textos, idearios ou exemplos estranxeiros ao referirse ás características e fundamentos políticos do noso movemento. O Estado español aséntase exclusivamente sobre principios, normas políticas e bases filosóficas estritamente nacionais".<ref>Díaz-Plaja, Fernando (1976): ''La España franquista en sus documentos.'' Barcelona: Editorial [[Plaza & Janés]]. páxs. 139-140.</ref> Aínda que non cesou a colaboración, o Réxime foi afastándose paulatinamente do Eixe e, coa caída do [[Terceiro Reich]], enviáronse directrices para que a derrota se vise como un triunfo do Réxime xa que España, segundo ditas directrices, se mantivera afastada da guerra e sempre estivera preocupada pola paz.<ref>Preston, Paul (1994): ''Franco "Caudillo de España"''. Barcelona: Editorial Grijalbo, páx. 237.</ref> No plano internacional, Franco iniciaría en outono de 1944 unha operación de cosmética política que daría ao Réxime unha fachada máis aceptábel, e o 3 de novembro Franco declararía á axencia ''United Press'' que España nunca fora nazi ou fascista.