María Zambrano: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 60:
Fenomenoloxía do divino, fenomenoloxía do soño, fenomenoloxía da persoa trátase dunha indagación que desvela o que aparece, o "phainómenon" o que o ser humano é. Procura esencial, polo tanto, procura da esencia sagrada, do humano que se mostra de diferentes maneiras baixo aspectos que se denominan "os deuses", "o tempo", ou "a historia". O individuo foi ordenando a realidade e asumía o reto da pregunta nos momentos tráxicos, en onde os deuses non eran a resposta axeitada. Este proceso descríbeo Zambrano como o paso dunha actitude poética a actitude filosófica. Para Zambrano a poesía era resposta e a filosofía pregunta. A pregunta provén do caos e a resposta dáse ó ordenar o caos.
Zambrano pensa que para tratar coa realidade hai que facelo en forma de delirio, é dicir, que o home se sente mirado sen ver. A realidade preséntase completamente oculta en sí mesma e o home ten capacidade ó seu arredor aínda que non así mesmo. O temor e a esperanza son dous estados propios do delirio, consecuencia da persecución e da desgraza dese "algo ou alguén" que mira sen ser visto. Zambrano pregúntase porque algo se ignora. A ignorancia é a falta de coñecemento e de ser.
Non obstante a nada, padecida como ausencia é nada de algo. A partir desa nada o home teríase que formar así mesmo como ser, un [[ser histórico]]. A partir de aquí iníciase o longo proceso da creación da persoa.
=== A historia ===
|