Polbo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Moving_Octopus_Vulgaris_2005-01-14.ogg" por "Moving_Octopus_Vulgaris_2005-01-14.ogv" segundo o ordenou [[commons:
Liña 38:
 
[[Ficheiro:Polbo pulpo galicia.jpg|miniatura|esquerda|250px|Polbo. Acuario da [[A Coruña|Coruña]]]]
Máis tarde outros cefalópodos tiveron diferentes tipos de cunchas, con varias formas, por veces estrañas, e algunhas formas pasaron a prescindir da cuncha en favor dunha locomoción máis lixeira e maior liberdade de movemento. Xurdiron así as formas das [[xiba]]s, que posúen unha pequena cuncha espiral escondida no interior do corpo, das luras, e as [[pota (molusco)|potas]], que conservan só unha laminalámina fina que sustenta o eixo do corpo, e dos polbos, que perderon (case sempre) todo resquicio de cuncha.
 
Mais esas mudanzas foron acompañadas de moitas outras, que acabaron xerando unha das formas máis adaptábeis que coñecemos. Os tentáculos desenvolveron ventosas e outras estruturas para coller as vítimas, e tamén gañaron músculos máis potentes e movementos máis áxiles (chegando a "chimpos" rápidos, como por exemplo o dos tentáculos da lura). Para permitir eses movementos vigorosos, o [[sistema circulatorio]] (que forma o esqueleto hidrostático) foi amplamente mellorado; e para coordinalos o [[sistema nervioso]] aumentou de tamaño e eficiencia. Para empregar mellor todos eses recursos, desenvolveron ollos de grande complexidade, capaces de enfocar, distinguir cores e producir a visión binocular (como a nosa, que dá mellor percepción de profundidade).