Guerras iugoslavas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 30:
== Contexto histórico ==
 
As tensións proviñeron da composición multiétnica do primeiro [[Reino de Iugoslavia]] e a relativa supremacía política e demográfica dos serbios. Estas tensións foron aproveitadas polo [[potencias do Eixo|Eixo Roma-Berlín-Toquio]] na [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]], que estableceron un [[estado monicreque]] que abarcaba a maior parte das actuais [[Croacia]] e [[Bosnia e Herzegovina]]. Púxose a cargo deste [[Estado Independente de Croacia]] a unha organización fascista, a [[Ustashe]], que levou a cabo unha política xenocida contra os civís serbios do territorio. A milicia serbia [[Chetnik]] contraatacou contra os croatas. Ambos se enfrontaron e foron finalmente derrotados polo movemento de tendencia comunista e antifascista [[Partisanos (Iugoslavia)|partisanos]], composto por membros de todos os grupos da zona, o que desembocou na formación de [[República Federal Socialista de Iugoslavia]].
 
No caso das zonas poboadas por albanos, a causa principal foi o crecemento da poboación albana en áreas nas que anteriormente eran minoría. No caso de [[Kosovo]], algúns serbios interpretaron este crecemento da influencia albanesa como a perda dos seus territorios ancestrais.