Reporteiro de guerra en Iugoslavia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Trama: Arranxos using AWB
m →‎Trama: arranxiños
Liña 27:
== Trama ==
 
A primeira viaxe tivo lugar durante a [[Guerra Croatade Croacia|guerra croata de Independenciaindependencia]], entre o [[30 de agosto]] e setembro de 1991. Aterra en [[Belgrado]] (daquela capital de [[Iugoslavia]]) e contacta con xornalistas doutros medios. Logo de coñecer a [[fronte de guerra]] en [[Vinkovci]] e [[Vukovar]], diríxese a [[Zagreb]]. Alí aluga un coche coa intención de ir a [[Osijek]], tendo que atravesar numerosos puntos de control militares. Xa na vila únese a outros xornalistas de medios españois, como [[Julio Fuentes Serrano]] (''[[El Mundo]]''), [[Hertmann Terscth]] (''[[El País]]'') e [[Arturo Pérez-Reverte]] ([[TVE]]). Desde ese lugar fai pequenas viaxes a lugares como [[Servas]], onde as tropas serbias atacan as igrexas [[catolicismo|católicas]] pero non as ortodoxas. Logo de ver os cadáveres da matanza de [[Cetekovca]] e de parar nunha [[voda]] en [[Miholac]], o 7 de setembro decide regresar a Zagreb ante as ameazas das tropas serbias aos xornalistas internacionais. De camiño de volta cara a Belgrado, pasa pola costa do [[mar Adriático]], por [[Petrinja]], [[Karlobag]], [[Gospic]] (na montaña) e [[Dubrovnik]].
 
A segunda viaxe tivo lugar durante a [[Guerraguerra de Bosnia]], entre o 20 de agosto e setembro de 1993. Logo de aterrar en Zagreb, diríxese a [[Saraxevo]] vía [[Ljubljana]]-[[Venecia]]-[[Ancona]]. Nada máis entrar na capital bosníaca, que nove anos atrás acollera os [[Xogos de Inverno de 1984]], coñece as dificultades para chegar desde o aeroporto ao centro dunha cidade sitiada polas tropas serbio-montenegrinas. Hospédase no Hotel Intercontinental, xunto ao resto de xornalistas. Alí coñece o perigo dos [[francotirador]]es e a realidade diaria dos [[mercado negro|mercados negros]], á que non son alleas as tropas das [[Nacións Unidas]], que participan da [[corrupción]]. Despois deixa a capital e diríxese cara a [[Split]] e [[Medugorje]], e desde alí cara a [[Mostar]], vila tamén sitiada, pero por tropas de dous bandos. En [[Jablanica]] coñece varios militares galegos do [[exército español]]. Finalmente, regresa a Zagreb.
 
Nas dúas viaxes visitou o [[hospital]] de Vukovar, que máis tarde sería destruído polos militares serbios. O 18 de novembro de 1991 as forzas croatas ríndense ante o cruel asedio de 1200 bombas por día sobre a cidade. Os serbios levaron aos feridos e outras persoas a unha granxa de porcos en Ovcara onde mataron a 264 civís, onde coñece de primeira man soldados e vítimas inocentes, tendo unha especial atención polo soldado croata Marko Karaula a quen coñecera na primeira viaxe e co que estivera na fronte en varias ocasións. Karaula resultou ferido pola metralla dun disparo dun tanque.