James Harris Simons: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de es.wikipedia.org/wiki/Jim_Simons
 
RubenWGA (conversa | contribucións)
Ligazóns internas
Liña 25:
|sinatura =
}}
'''James Harris Simons''', nado en [[Newton, Massachusetts|Newton]], ([[Massachusetts]]), en [[1938]] é un [[matemático]], [[Academicismo|académico]], [[financeiro]], [[Axente (economía)|axente de fondos]], [[corretor de bolsa]], [[Accionista|investidor]], [[Especulación (economía)|especulador]] e [[filántropo]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]].
 
En 1982, despois da súa carreira académica como matemático, Simons fundou [[Renaissance Technologies|Renaissance Technologies Corporation]], unha firma de investimentos privadada con sede en [[Nova York]], con más de 15&nbsp;000 millóns de [[dólar estadounidense|dólares]] en [[activos financeiros|activos]]. Simons continúa a ser o seu [[presidente executivo]], do que é un dos fondos de alto risco con máis éxito do mundo.<ref name=II>{{cita web
Liña 31:
 
== Traxectoria ==
James Simons é neto do propietario dunha fábrica de [[Zapato|zapatos]] en [[Massachusetts]].<ref name=autogenerated1>[http://www.topix.net/content/trb/0406627640415189724423195224002828354358]</ref> Obtivo o grao de Bachelor of Science (BS) en [[matemáticas]] no [[Instituto Tecnolóxico de Massachusetts]] en 1958,<ref>[http://alum.mit.edu]</ref> e o grao de ''Doctor of Philosophy'' (Ph.D.), tamén en matemáticas na [[Universidade de California, Berkeley]] en [[1961]]<ref>[http://genealogy.math.ndsu.nodak.edu/html/id.phtml?id=32049 The Mathematics Genealogy Project - James Simons]</ref> aos 23 anos.
 
Entre [[1964]] e [[1968]], traballou na Communications Research Division do Institute for Defense Analyses (IDA). Simons foi profesor de matemáticas no [[Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts|MIT]] e na [[Universidade Harvard]]. En [[1968]], foi nomeado presidente do departamento de matemáticas na [[Universidade de Stony Brook]].
 
En [[1976]], Simons gañou o [[Premio Oswald Veblen]] en [[xeometría]] da Sociedade Estadounidense de Matemáticas polo seu traballo no que revisaba as formas características das [[superficie mínima|superficies mínimas]], o que deu lugar á súa proba sobre a [[conxectura Bernstein]] e unha mellora dunha certa regularidade dos resultados de Wendell H. Fleming nunha xeneralización do [[problema de Plateau]].
 
Entre as investigacións máis influentes nas que participou Simons inclúese o descubrimento e a aplicación de determinadas medicións [[xeometría|xeométricas]], as [[formas de Chern-Simons]], tamén coñecidas como invariantes de Chern-Simons. En [[1974]], a súa teoría foi publicada en '''Characteristic Forms and Geometric Invariants'' xunto con [[Shiing-Shen Chern]]. A teoría emprégase na [[física teórica]] e en particular na [[teoría de cordas]].