Unión Europea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 162:
 
=== 25 de marzo de 1957: a Comunidade Económica Europea ===
O plan Schuman tiña dado orixe a unha Comunidade especializada en dous dominios decisivos, mais limitados: o carbón e o aceiro. Baixo a presión da [[Guerraguerra Fríafría]], leváronse a cabo diversas medidas nos dominios da defensa e da unión política para as que a opinión pública non estaba aínda preparada. Os seis Estados-membros da CECA escolleron por tanto unha nova área de integración no dominio económico: a creación dun mercado único.
 
O [[Tratado de Roma]] de [[25 de marzo]] de [[1957]], que institúe a Comunidade Económica Europea (CEE), crea instrucións e mecanismos de toma de decisión que permiten dar expresión tanto aos intereses nacionais como a unha visión comunitaria. A Comunidade Europea constitúe de aí en diante o eixo principal en torno do cal se vai organizar a construción europea.