Afonso XIII de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Engado cita e referencia
Liña 29:
Primo de Rivera constituíu un goberno ao que denominou directorio, que estivo formado nun primeiro momento exclusivamente por militares ([[Directorio Militar]]) e, posteriormente (1925), tivo un carácter civil (Directorio Civil). Durante a Ditadura púxose fin á [[Guerra do Rif]] co [[Desembarco de Alhucemas]] en [[1925]], e máis axuda francesa, que permitiu a conquista española definitiva do Rif en 1927. En 1929 celebráronse a Exposición Universal en Barcelona e a Iberoamericana en Sevilla, pero a oposición crecente que xerou o ditador, especialmente estendida entre estudantes, intelectuais e o corpo de Artillería (opoñíanse á reforma que pretendía o ditador do seu sistema de ascensos) fixeron que Afonso XIII apártase a [[Miguel Primo de Rivera]] do goberno o [[29 de xaneiro]] de [[1930]], nomeando presidente do consello de ministros ao xeneral [[Dámaso Berenguer]] coa intención de retornar ao réxime constitucional. Este novo período coñeceuse enseguida como "a Ditablanda", por contraste coa ditadura anterior.
 
Tras a caída do ditador -que faleceu semanas despois-, aumentaron as manifestacións antimonárquicas, acusouse ao Rei de apoiar a ditadura de Primo de Rivera e de ter responsabilidades no [[Desastre de Annual]]. Ese ano os partidos republicanos uníronse fronte a monarquía coa firma do [[Pacto de San Sebastián]]. Houbo pronunciamentos militares republicanos que foron frustrados polo goberno na base aérea de Cuatro Vientos ([[Madrid]]) e en Jaca, (este último encabezado polos capitáns [[Fermín Galán]] e [[Ángel García Hernández]], que foron fusilados tras un consello de guerra). En febreiro de [[1931]] o almirante [[Juan Bautista Aznar]] foi designado presidente do consello por Afonso XIII. O seu goberno convocou eleccións municipais o [[12 de abril]] de [[1931]]. Ao coñecerse nas eleccións mencionadas a vitoria nas cidades das candidaturas republicanas, Aznar pronunciou, o día seguinte das eleccións13, diante da prensa, unha frase histórica: "''Qué quieren ustedes que les diga de un país que se acuesta monárquico y se levanta republicano!''" (aínda que a frase exacta fora pronunciada por [[José María Pemán]] seis meses antes nunha conferencia no Cinema Europa de Cuatro Caminos en Madrid e dicía: "''España no puede acostarse un día siendo monárquica y levantarse republicana al día siguiente''")<ref>{{Cita libro|título=José María Pemán, pensamiento y trayectoria de un monárquico. (1897-1941)|apelidos=Álvarez Chillida|nome=Gonzalo|editorial=Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz|ano=1997|ISBN=8477863059|lugar=Cádiz|páxina=36|ref=}}</ref> .
 
O [[14 de abril]] proclamouse a [[Segunda República Española]] e o Rei abandonou o país ese mesmo día, renunciando á Xefatura do Estado, pero sen una abdicación formal. Viaxou a [[Cartagena, Murcia|Cartagena]] e partiu para [[Marsella]] nun buque da Armada Española para trasladarse dende alí a [[París]].