Río Mississippi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Curso superior: arranxiños
Liña 159:
[[Ficheiro:St_anthony_falls_Oct_2005.jpg|miniatura|220px|esquerda|As [[fervenza]]s de Saint Anthony.]]
[[Ficheiro:CairoIL_from_space_annotated.jpg|esquerda|miniatura|220px|A confluencia do [[Río Ohio|Ohio]] e o Mississippi.]]
O curso superior do Mississippi (''Upper Mississippi River'') vai desde as [[fervenza]]s de Saint Anthony (en [[Minneapolis, Minnesota|Minneapolis]]) á desembocadura do [[río Ohio]], preto da cidade dedo [[Cairo, Illinois|Cairo]] no estado de [[Illinois]]. Percorre 1.462&nbsp;km seguindo unha traxectoria en dirección sur-este. O réxime do río é [[Alimentación fluvial|pluvionival]] con crecidas na primavera e choivas tempestuosas no verán.<ref name="Bethemont31"/> OA [[Curso de auga|canle]] ensánchase considerablemente logo da confluencia do [[río Minnesota]]. O río atravesa un [[val]] profundo cavado en leitos sedimentarios nunha rexión que non foi afectada polos [[glaciar]]es de [[Wisconsin]]. O [[lago Pepin]], que se formou fai preto de 9.500 anos, esténdese ao longo duns 35&nbsp;km de lonxitude cunha profundidade media de cinco metros. Ten a capacidade de reter unha parte dos sedimentos e da polución que provén da parte máis elevada.
 
[[Ficheiro:Miss R dam 27.jpg|220px|miniatura|O río Mississippi na súa [[confluencia]] co [[río Missouri]], ao sur de [[St. Louis, Missouri|St. Louis]].]]
Liña 165:
Xusto ao norte de [[St. Louis, Missouri|St. Louis]], o Mississippi atópase co [[río Missouri]] proveniente do leste. As augas do Missouri están cargadas de sedimentos e de partículas arrincadas pola [[erosión]]. Nas décadas de 1950 e 1960 a construción de grandes [[encoro]]s na conca hidrográfica do Missouri formou depósitos que reteñen os aluvións. Os acondicionamentos humanos afectaron amplamente ao Mississippi superior e a súa [[chaira aluvial]].
 
Así, o río recibiu máis sedimentos, mentres que a canle aumentou por mor da urbanización e drenaxe das marismas. A construción de diques e a canalización aumentaron a sedimentación do leito fluvial. A chaira aluvial tamén foi transformada pola construción de terrapléns co fin de protexer as instalacións humanas das inundacións. As terras agrícolas substitúen desde fai tempo as zonas pantanosas e os bosques; estes últimos atópanse actualmente restrinxidos ás beiras do río ou ás illas e non miden máis que uns quilómetros de anchura. Con todo, os esforzos para cualificar porcións das beiras como reservas naturais protexidas permitiron salvagardar 800&nbsp;km² do val do curso superior do Mississippi.<ref>Mississippi River, United States Geological Survey.</ref> As principais especies de árbores son: o [[arce prateado]], o [[fraxinus]], o [[olmo]] americano, o [[salgueiro]] negro, o [[álamo]] de Virxinia, o [[arce]], o [[bidueiro]] negro, o [[celtis]] etc. A vexetación acuática comprende as [[Typha|aneas]], as [[Potamogeton|lilas de auga]], as [[elodea]]s, a [[vallisneria]] americana etc. A [[salicaria común]] é unha planta de orixe europea, introducida a principios dedo século XX{{Versaleta|xx}} ao longo das beiras do Mississippi.
 
==== Curso inferior ====