Currículum vítae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
engado imaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:Curriculum Vitae of Gabor B. Racz.pdf|miniatura|dereita|220px|Exemplo de Curriculum vitae en inglés.]]
O termo [[lingua latina|latino]] '''curriculum vitae''' (que tamén pode escribirse en galego con til, '''currículum vitae''') significa literalmente "carreira da vida", por analoxía e contraposición ao [[cursus honorum]], a carreira profesional dos [[maxistrado]]s romanos. Emprégase para referirse ao conxunto de méritos, estudos, cursos e experiencia laboral precisos para solicitar un emprego, que normalmente se recollen por escrito nun documento. Utilízase a miúdo na súa forma abreviada ''curriculum,'' aínda que en ocasións se pode atopar tamén a forma máis completa ''curriculum vitae et studiorum'' ("carreira da vida e dos estudos"). Este termo coexiste coa forma galega ''currículo.''